Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 107 martes, 12 de maio de 2020

BOP Lugo
3.- A xestión destas subvencións suxeitarase aos principios de publicidade, concorrencia, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como á eficacia no cumprimento de obxectivos e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.
4.- A súa tramitación realizarase por medios electrónicos, na medida do posible, en aplicación do disposto no artigo 14.3 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, tendo en conta que a actual declaración do estado de alarma limita a circulación das persoas polas vías ou espazos de uso público.
De facelo de maneira presencial adoptaranse as medidas de seguridade esixidas polo estado de alarma.
3.- Crédito orzamentario A contía destinada a atender a estas subvencións ascende a un importe total de 40.000 € do vixente orzamento municipal, con cargo á aplicación 430.480, financiado mediante recursos do Plan Único Provincial cos Concellos 2020 e recursos propios municipais.
Así mesmo, no caso de que finalizado o prazo de solicitude se tiveran presentado un número de solicitudes para o que non foran dabondo as contías inicialmente consignadas, poderanse ampliar os créditos ata a cobertura do maior número delas posible.
No suposto de que unha vez revisados todos os expedientes presentados no prazo establecido nesta convocatoria e non téndose esgotado o crédito establecido na mesma, o remanente existente poderá redistribuirse entre as solicitudes presentadas, ditando ó efecto as normas necesarias para a súa execución dentro do exercicio 2020.
4.- Contía das Axudas Con base no artigo 30.7 da LXS:
1.- Concederase unha contía fixa de 400 € para persoas físicas e xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo cando a actividade que desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD
465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo.

- en 150 € en caso de ter ata 10 traballadores inclusive a data 1 de marzo de 2020.
- en 300 € en caso de ter máis de 11 traballadores inclusive a data 1 de marzo de 2020.
-

en 100 € naqueles casos que dispoñan dun local comercial en réxime de aluguer ou hipoteca vixente do local non momento de presentación da solicitude.
5.- Requisitos para ser persoa ou empresa beneficiaria.
Poderán solicitar esta subvención aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran os seguintes requisitos:
a Que a actividade económica sexa desenvolvida por unha persoa autónoma, unha microempresa ou pequena empresa. A microempresa e as pequena empresas son aquelas definidas conforme Anexo I do Regulamento UE
nº 651/2014 da Comisión, de 17 de xuño de 2014.
b Que a actividade que desenvolven se tivera visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD
465/2020 de 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo. A estes efectos, considerarase afectado polo peche aqueles empresarios individuais ou colectivos inscritos no rexistro de comercio ambulante de Galicia que cesaran na súa actividade como consecuencia as suspensión de feiras e mercados. Este requisito xustificarase a través dunha declaración xurada que acompañará á instancia presentada e xunto coa documentación requirida no punto 8 desta convocatoria.
c Estar dado de alta no réxime da Seguridade Social ou na Mutua profesional correspondente e en Facenda no momento da presentación da instancia.
d Que, o domicilio fiscal ou no seu caso, o local de desenvolvemento da actividade se atopen no termo municipal de Láncara.
e Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17
de novembro, Xeral de Subvencións, e en particular, estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Facenda estatal AEAT e coa Tesourería Xeral da Seguridade Social TGSS. Este requisito debe cumprirse desde a data de presentación da solicitude ata a data do pagamento da subvención, no seu caso.
f Non ter débeda algunha pendente co Concello de Láncara. Este requisito verificarase de oficio pola Administración e debe cumprirse desde a data de presentación da solicitude ata a data do pagamento da subvención, no seu caso.
g Ter xustificado calquera subvención que lle fose concedida con anterioridade polo Concello de Láncara, sempre que tivese finalizado o correspondente prazo de xustificación.
h En caso de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica debe nomearse un representante apoderado, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que corresponden á
Anuncio publicado en: Num BOP 107 año 2020 12/05/2020 09:00:00
08:33:38

2.- A contía de 400 € á que se refire o parágrafo anterior, incrementaranse nas seguintes contías:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/05/2020

Page count17

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions