Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 18 DE MAIO DE 2020

N.º 112

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS
Anuncio MODIFICACIÓN APARTADO 4.3.1 DO ANEXO DAS BASES XERAIS QUE REXEN OS PROCEDEMENTOS
SELECTIVOS DE P.I DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO VERTICAL E/OU
HORIZONTAL.
No BOP do día 20 de abril de 2020 publicaronse as bases xerais que rexerán os procedementos selectivos para cubrir prazas do cadro de persoal funcionario e laboral, reservadas a promoción interna vertical e/ou horizontal, da Deputación Provincial de Lugo, para xeral coñecemento do persoal funcionario e laboral da Deputación Provincial de Lugo, destinatarios dos procesos selectivos de promoción interna, regulados por estas.

as realizadas polos Colexios Profesionais, en materias específicas da respectiva profesión.
O que se fai público para cumprimento das bases da convocatoria sinalando que Contra a presente resolución, poderase interponer recurso potestativo de reposición, diante do Presidente da Deputación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia ou ben,recurso contencioso - administrativo diante do Xulgado do Contencioso - Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia así como calquera outro que estime oportuno.
Lugo, 13 de maio de 2020.- A SECRETARIA XERAL, María Esther Álvarez Martínez.
R. 0855

CONCELLOS
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Aprobado por Decreto de Alcaldía de data 5 de maio de 2020 o Padrón Tributario das taxas pola prestación dos servizos de Abastecemento de auga, Saneamento e Recollida de lixo e Canon da auga, correspondente ó 4º trimestre de 2019, exponse ó público durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente anuncio no BOP, para o seu exame e posibles reclamacións.
Contra o acordo de aprobación e as liquidacións consignadas no referido Padrón contributivo e notificadas colectivamente perante o presente anuncio, os interesados poderán interpoñer, recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición pública.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
A repercusión do Canon da auga, poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto nos artigos 24 e 68.1 b do Regulamento Xeral de Recadación, fíxase como prazo de pago en período voluntario, o comprendido entre o 5 de maio e o 6 de xullo de 2020, ambos inclusive.
Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. Ó resto seranlles enviados ó domicilio declarado do suxeito pasivo para que efectúen o pago en calquera das sucursais bancarias do Concello de Castro de Rei.

Anuncio publicado en: Num BOP 112 año 2020 18/05/2020
15/05/2020 08:00:00
18:21:42

Por resolución da presidencia de data 6 de maio de 2020, como consecuencia da resolución do recurso de reposición presentado polo Colexio Oficial de Traballadores Sociais, modifícase o apartado 4.3.1 do Anexo das Bases xerais, engadindo na relación de Entidades impartidoras das actividades formativas, que serán valoradas por estar relacionadas co desempeño das funcións da praza/posto que se convoca, o seguinte inciso:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/05/2020

Page count3

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions