Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 107 martes, 12 de maio de 2020

BOP Lugo
agrupación ou comunidade de bens. Así mesmo, e nos termos previstos no artigo 11.3 LXS, a agrupación ou comunidade de bens non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición a que fan referencia os artigos 39 e 65 LXS. Así mesmo, en caso de concesión da subvención, a resolución conterá as porcentaxes de participación das persoas integrantes na entidade beneficiaria, en función dos cales participarán nos dereitos e obrigas derivados do outorgamento da subvención, e no seu caso, do seu reintegro.
6.- Concorrencia con outras subvencións En caso de resultar beneficiaria dunha subvención ao abeiro da presente convocatoria e con posterioridade resultar beneficiaria doutra subvención incompatible coa mesma, poderase renunciar á subvención concedida polo Concello de Láncara, reintegrando o importe percibido e aboando ademais os correspondentes xuros de mora xerados, tal e como se establece na Lei 38/2003, 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e demais normativa aplicable.
7.- Prazo e Forma de presentación de solicitudes 1.- O modelo de solicitude normalizado para a obtención das subvencións reguladas na presente convocatoria estará dispoñible na web municipal www.concellodelancara.com e nas oficinas municipais.
2.- As solicitudes, poderán presentaranse por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Láncara accesible a través do enlace https lancara.sedelectronica.gal, utilizando o formulario xenérico de solicitude dispoñible na sede, ou nas oficinas municipais presentando o modelo normalizado sinalado no parágrafo anterior.
3.- O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 3 de xullo, contado a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo BOP.
4.- A presentación da solicitude de subvención fora do prazo establecido e a non utilización, no seu caso, do formulario normalizado de uso obrigatorio, serán causas de inadmisión da solicitude.

1.- A solicitude normalizada deberá estar asinada pola persoa interesada ou o seu representante legal e debe acompañarse obrigatoriamente da seguinte documentación:
A. En caso de persoa física:
a DNI polas dúas caras ou NIE acompañado do pasaporte.
b
Certificado actualizado de Situación Censal que indique a actividade económica coa súa data de alta, o domicilio fiscal ou no seu caso o do local de desenvolvemento da actividade.

c
Resolución/certificación do alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou a Mutua profesional correspondente.

d
Informe de Vida Laboral da Empresa expedido pola Tesourería xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores a data de 1 de marzo de 2020.

e
Certificado do número de conta bancaria emitido pola entidade financeira para o ingreso da subvención.

f
Copia compulsada do contrato de alugueiro do local comercial, se procede
B. En caso de persoas xurídicas, sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica:
a
CIF da persoa xurídica, sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica.

b
Certificado actualizado de Situación Censal da persoa xurídica, sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica que indique a actividade económica coa súa data de alta, o domicilio fiscal ou no seu caso o local de desenvolvemento da actividade.

c
Contrato de constitución da sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica.

d
Escritura de constitución e os estatutos da persoa xurídica actualizados, inscritos no correspondente Rexistro.

e
Acreditación dos poderes da persoa administradora e da que presenta a solicitude en caso de non ser a mesma persoa.

f
DNI polas dúas caras ou NIE da persoa administradora e da persoa que presenta a solicitude en caso de non ser a mesma.

g
Alta no réxime da Seguridade social correspondente da persoa administradora.

h
Informe de Vida Laboral da Empresa expedido pola Tesourería da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores a data de 1 de marzo de 2020.

Anuncio publicado en: Num BOP 107 año 2020 12/05/2020 09:00:00
08:33:38

8.- Documentación a achegar.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/05/2020

Page count17

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions