Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 2 DE MAIO DE 2020

N.º 099

CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio O Sr. Alcalde do Concello de Baleira en data 21/04/2020 aprobou os padróns das taxas pola prestación do servicio de abastecemento de auga, recollida de lixo, taxa de alcantarillado e canon da auga correspondentes ó 1º bimestre do 2020. Durante o prazo de 15 días os padróns estarán expostos ao público nestas oficinas municipais para o seu exame e posibles reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria e o no artigo 68.1 b do Regulamento xeral de recadación, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario o comprendido entre o 20/04/2020 e 19/06/2020
ámbolos dous inclusive. Aos contribuíntes que teñan domiciliados os recibos seranlles cargados nas súas respectivas contas bancarias a partir do día 20/04/2020. Ao resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas municipais onde se lles facilitarán os correspondentes recibos para efectuar o pago.
Transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario as débedas serán esixidas por vía de constrinximento no caso do canon da auga pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e devengarán os correspondentes recargos do período executivo, xuros de demora e, no seu caso, costas que se produzan.
Publica-la aprobación do padrón e o anuncio de cobranza no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e Taboleiro de Edictos do Concello. Ao amparo do artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, a publicación terá os efectos de notificación colectiva das respectivas liquidacións tributarias de cada un dos suxeitos pasivos.
Baleira, 22 de Abril de 2020.- O Alcalde, Ángel Enrique Martínez-Puga López.
R. 0771

CHANTADA
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 15/04/2020 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a marzo 2020.
De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte o da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a marzo do 2020 terá lugar neste municipio dende o día 16 de abril de 2020 ata o día 17 de agosto de 2020, 4 meses de prazo por mor do estado de alarma.
O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de xaneiro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28
da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.

Anuncio publicado en: Num BOP 99 año 2020 02/05/2020
30/04/2020 08:00:00
13:00:47

Contra o acordo de aprobación do referido padrón e as liquidacións incorporadas a el poderase interpor recurso de reposición ante O Sr. Alcalde, no prazo dun mes dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interporse recurso contencioso administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición. A
repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda no prazo de un mes dende a presente publicación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/05/2020

Page count7

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions