Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 107 martes, 12 de maio de 2020

BOP Lugo
LÁNCARA
Anuncio Información pública O Pleno do Concello en sesión extraordinaria realizada o día 8 de maio de 2020 aprobou inicialmente a modificación de créditos nº 6/2020, de concesión de créditos extraordinarios, financiados mediante baixas ou anulacións de créditos de gastos doutras partidas do orzamento, consonte ó disposto no Texto refundido da lei reguladora das facendas locais por importe de 42.681,21 euros.
O expediente expoñense ao público, mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por quince días, durante os cales os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións artigo 170 do TRLFL. O expediente considerarase definitivamente aprobado si durante o citado prazo non se presentan reclamacións.
Láncara, 11 de maio de 2020.- O alcalde, Darío A. Piñeiro López.
R. 0834

Anuncio O pleno do concello en sesión extraordinaria realizada o día 8 de maio de 2020 aprobaronse as bases reguladoras das subvencións para impulso sa actividade económica no termo municipal de Láncara, para paliar os efectos do coronavirus Covid-19, procedendo á súa convocatoria.
- PLAN LÁNCARA CONTIGOBASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA O IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA NO TERMO MUNICIPAL
DE LÁNCARA, PARA PALIAR OS EFECTOS DO CORONAVIRUS COVID-19

O obxecto da presente convocatoria é paliar e actuar de maneira inmediata, ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica no termo municipal de Láncara, outorgando liquidez os autónomos e as empresas do concello para, contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego.
Preténdese protexer o interese xeral dos veciños e das veciñas de Láncara, dando soporte ás persoas autónomas, microempresa e pequena empresa, así como aos traballadores por conta allea residentes no concello para minimizar o impacto da crise económica provocada polo COVID-19 e para que unha vez finalizada a alarma sanitaria, se produza canto antes unha reactivación da economía do noso municipio, actuando directamente sobre os colectivos e as persoas físicas e xurídicas máis afectadas, como autónomos, pemes, traballadores e familias.
O papel dos concellos na crise económica e de emprego que nos vai tocar vivir é clave porque a Administración do Estado e autonómica proporcionan recursos estándares que unicamente os concellos poden ensamblar e adaptar á súa realidade local particular, exercendo as súas competencias en materia de desenvolvemento económico local e emprego mediante o deseño dunha estratexia de promoción económica capaz de identificar e valorizar os recursos e proceder á adaptación dos programas ás necesidades locais.
Ese rol que cumpren as estruturas locais de apoio ao desenvolvemento local e ao emprego, lonxe de invadir competencias ou producir duplicidade algunha, fan posible tamén a efectividade da dimensión local do emprego que apunta tanto a Lei Nacional de Emprego art. 4, R.D.L. 3/2015, como a Comisión Europea, que no seu documento de Actuación local a favor do emprego para unha estratexia europea do emprego define o ámbito local como aquel nivel que permite detectar as necesidades locais non satisfeitas polo que lonxe de ser un ámbito no que unicamente se poñan en práctica decisións adoptadas noutros ámbitos pode combinar diferentes instrumentos e desenvolver formas de dar valor engadido ás decisións tomadas en niveis superiores acadando un máis axeitado nivel de precisión en cada territorio.
2.- Normativa aplicable.
1.- A presente convocatoria rexerase, con carácter xeral, polo disposto nas bases reguladoras, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións en diante LXS e o seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo en diante RLXS e nas Bases de execución do Orzamento Municipal para o exercicio 2020 e, supletoriamente, na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e calquera outra disposición normativa que pola súa natureza puidese resultar de aplicación.
2.- Así mesmo, están sometidas ao réxime de minimis, regulado polo Regulamento UE 1407/2013, de 18 de decembro, da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis DOUE L352 de 24 de decembro de 2013.

Anuncio publicado en: Num BOP 107 año 2020 12/05/2020 09:00:00
08:33:38

1.- Obxecto da presente convocatoria.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/05/2020

Page count17

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions