Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 6 DE MAIO DE 2020

N.º 102

CONCELLOS
BARREIROS
Anuncio
Contra o acto de aprobación do padrón e da liquidación de tributos municipais incorporada a este, poderase formular recurso de reposición ante esta Alcaldía, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Barreiros, 23 de abril do 2020.- A alcaldesa, Ana Belén Ermida Igrexas.
R. 0793

CASTRO DE REI
Anuncio Téndose elevado a definitivo, ó non presentarse reclamacións, o acordo de aprobación inicial da MODIFICACIÓN
DA ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO CONCELLO DE
CASTRO DE REI, adoptado polo Pleno da Corporación Municipal na sesión ordinaria do día 17 de xaneiro de 2020, publícase o texto definitivo para a súa vixencia e posible impugnación xudicial, conforme ao previsto nos arts. 49, 65.2 e 70.2 do Lei reguladora das bases de réxime local:
" - A supresión da documentación consistente en Fotocopia compulsada de la póliza del seguro del vehículo en la que figure el titular como conductor debidamente firmada por la Compañía y por el Tomador o Asegurado, así como fotocopia del último recibo de pago a efectos de confirmar la vigencia de la póliza, do apartado a do artigo 3 da devandita ordenanza, manténdose o resto do artigo.
RECURSOS: Contra esta modificación de ordenanza pódese interpoñer directamente recurso contenciosoadministrativo, diante do Xulgado do Contencios-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co previsto no art. 112.3 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e art. 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Anuncio publicado en: Num BOP 102 año 2020 06/05/2020
04/05/2020 08:00:00
12:32:47

Por Resolución da alcaldía de data 23 de abril de 2020, aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro, lixo e Canon de auga da Xunta, correspondente ao 1º bimestre do exercicio 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente anuncio no BOP de Lugo, se este fose posterior ao remate do estado de alarma, ou en caso contrario, contado a partir do día seguinte ao da finalización daquel, durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido dirixíndose á Secretaría do Concello a través da Sede Electrónica do Concello de Barreiros https barreiros.sedelectronica.es/, telefonicamente ou a través do correo electrónico administracion@concellodebarreiros.com, e presentar as alegacións que estimen oportunas. Asemade, dada a situación de estado de alarma xerada polo COVID-19 e as súas consecuencias de carácter laboral e económico para a cidadanía, establécese, de xeito extraordinario, para o pagamento en período voluntario, un prazo comprendido entre o 18 de maio e o 31 de xullo de 2020.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/05/2020

Page count5

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions