Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 15 DE MAIO DE 2020

N.º 110

CONCELLOS
RÁBADE
Anuncio Por resolución da Alcaldía-presidencia do Concello de Rábade de data 7 de maio de 2020 prestouse aprobación ao Padrón da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de abril de 2020, o cal se expón ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
Rábade, 7 de maio de 2020.- O Alcalde, Francisco Xosé Fernández Montes.

RIBAS DE SIL
Anuncio Aprobados por Decretos da Alcaldía de datas 30 abril 2020 padrón do 4º Trimestre de 2019 do servizo de abastecemento de auga, canon, sumidoiros e recollida de lixo e 8 maio 2020 padrón da taxa polo Servizo de axuda no fogar do mes de abril de 2020, por medio do presente expóñense ao público por prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ó da súa inserción no BOP ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, considerándose definitivamente aprobados se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Contra o acordo de aprobación dos devanditos padróns poderá interpoñerse recurso de reposición ante o propio alcalde polo prazo de un mes, contado dende o día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición ó público. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei reguladora da referida xurisdición. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano correspondente da Xunta de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación.
O mesmo tempo establecese un período de cobranza en fase de ingreso voluntario de dous meses. Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria; procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, a través do Servizo de Recadación da Deputación de Lugo de acordo co establecido no artigo 161 da devandita Lei. No tocante ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a súa exixencia directamente pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de Facenda da Xunta de Galicia.
A presente publicación, no suposto de exposición ó público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
Ribas de Sil, 8 de maio de 2020.- O alcalde, Miguel Angel Sotuela Vega.
R. 0842

SAMOS
Anuncio Aprobados pola Xunta de Goberno Local en sesión de data 07/05/2020, os padróns municipais dos Prezos Públicos polo servizo de axuda no fogar e polo servizo vivendas comunitarias/apartamento tutelado, correspondentes a ABRIL de 2020, expoñense ao público polo prazo de 15 días contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no B.O.P., rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados.

Anuncio publicado en: Num BOP 110 año 2020 15/05/2020
13/05/2020 08:00:00
11:09:06

R. 0841

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/05/2020

Page count4

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions