Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/05/2020

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 12 DE MAIO DE 2020

N.º 107

CONCELLOS
A FONSAGRADA
Anuncio PADRÓNS DE AUGA, LIXO E SUMIDOIROS CORRESPONDENTE AO PRIMEIRO BIMESTRE DO 2020
Aprobado por Decreto de Alcaldía de data 05/05/2020, o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro e lixo correspondente ao 1º bimestre do exercicio 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Contra o acto de aprobación do padrón os interesados poderán interpoñer en vía administrativa, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes, recurso previo de reposición ante o órgano competente, de acordo con canto establece o artigo 14
do TRLRHL. A falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e, a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación.
A Fonsagrada, 5 de maio de 2020.- O Alcalde, Carlos López López.
R. 0821

FOZ
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 29 de abril de 2020, aprobáronse os Padróns do Prezo Público pola prestación do servizo de axuda no fogar dos meses de xaneiro e febreiro de 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de vinte días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no B.O.P. para consultar o seu contido e presentar as alegacións que estimen oportunas, rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados.
O período de cobro en período voluntario fíxase entre o 15 de maio e o 15 de xullo de 2020.
Ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as débedas as recargas do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria.
Contra as liquidacións de carácter tributario que se deriven dos presentes padróns poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende a finalización do período de exposición pública de conformidade co establecido no artigo 14.2.c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5
de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora desta Xurisdición.
Foz, 30 de abril de 2020.- O ALCALDE, FRANCISCO CAJOTO CASERÍO.
R. 0822

Anuncio publicado en: Num BOP 107 año 2020 12/05/2020 09:00:00
08:33:38

O prazo de cobro en período voluntario abarcará dende o día 06-05-2020 ao 06-07-2020. Para o cobro de ditos padróns, aos contribuíntes que non o teñan domiciliado, os documentos de cobro seranlles enviados ao domicilio declarado do suxeito pasivo para que efectúen o pago nas sucursais bancarias establecidas a tal efecto.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/05/2020

Page count17

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones