Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 104 venres, 8 de maio de 2020

BOP Lugo
Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Base 3. Obxecto 3.1. Servizos, programas e actividades subvencionables Serán obxecto desta convocatoria os gastos correntes que deban a seguir afrontando as PYMES e autónomos para evitar o peche definitivo da actividade do seu centro de traballo ubicado no termo municipal de Outeiro de Rei.
Concretamente, serán subvencionables os suministros de servizos declarados polo ordeamento xurídico como de interese económico xeral o como servizos esenciales, e cuxa retribución se efectúe mediante prezos, tarifas ou taxas.
3.2. Determinación do importe da subvención Co gallo de establecer un criterio de asignación áxil e reducir as cargas administrativas, tanto aos solicitantes coma a propia Administración, o importe da subvención coincidirá co importe das cuotas liquidables ao solicitante correspondentes aos consumos mínimos bimestrais do servizo municipal de auga, lixo e alcantarillado.
3.3. Ámbito temporal As actividades que se subvencionen conforme á convocatoria serán as que se realicen no período comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 1 de maio de 2020.
Base 4. Compatibilidades e exclusións
A concorrencia ao presente programa será compatible coa solicitude noutras convocatorias de subvencións se así o establecen as súas bases específicas.
Base 5. Entidades solicitantes Poderán solicitar as subvencións neste programa as PYMES e empresarios autónomos con domicilio social e centro de traballo ubicado no termo municipal de Outeiro de Rei que, como consecuencia da suspensión de determinadas actividades acordada na declaración de estado de alarma, tiveran que pechar o centro de traballo por un período mínimo consecutivo de quince días.
Polo tanto, poderán acollerse os establecementos comerciales minoristas non citados no artigo 10.1 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, plo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19; así coma as empresas productoras e distribuidoras de ditos establecementos.
Non poderán acollerse aquelas que pechasen a súa actividade con anterioridade á declaración do estado de alarma, nin aquelas outras que declarasen o peche definitivo de actividade.
Base 6. Requisitos e obrigas das entidades solicitantes 6.1. Estaren ao corrente das súas obrigas coa Facenda pública, co Concello de Outeiro de Rei e coa Tesourería da Seguridade Social.
6.2. Non estaren incursas nas causas de incompatibilidade ou de incapacidade para seren beneficiarias ou percibiren as subvencións da administración pública dispostas no artigo 13 da LXS.
6.3. Teren aprobadas as liquidacións ou contas do último exercicio vencido legalmente esixibles.
6.4. Someterse aos procedementos de control que poidan realizar a Intervención; o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas ou calquera outro órgano de control interno ou externo, nacional ou europeo.
Como resultado dos ditos procedementos poderáselles esixir responsabilidade administrativa, consonte co disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, e, no seu caso, responsabilidade penal, de conformidade co Código penal.
Base 7. Solicitude 7.1. Prazo e presentación de solicitudes:
As solicitudes axustaranse ao formulario previsto no ANEXO I da convocatoria e presentaranse de xeito telemático na sede electrónica do Concello de Outeiro de Rei. A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros.

Anuncio publicado en: Num BOP 104 año 2020 08/05/2020
05/05/2020 08:00:00
11:28:39

A participación neste programa é compatible coa obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/05/2020

Page count8

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions