Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 104 venres, 8 de maio de 2020

BOP Lugo
OUTEIRO DE REI
Anuncio ANUNCIO DE CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A PYMES E AUTÓNOMOS PARA CONTRIBUIR AO
FINANCIAMENTO DE GASTOS CORRENTES DURANTE A SUSPENSIÓN DA SÚA ACTIVIDADE CAUSADA POLA
ALERTA SANITARIA DO COVID-19
José Pardo Lombao, Alcalde do Concello de Outeiro de Rei, no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, expoño:
A crise sanitaria do COVID-19 conlevou a adopción de gravísimamente á actividade económica nacional.

medidas de distanciamento social que afectaron
O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, plo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, acordou a suspensión da apertura ao público dos locales e establecementos minoristas, a excepción dos establecementos comerciales minoristas de alimentación, bebidas, productos e benes de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, médicos, ópticas e productos ortopédicos, productos hixiénicos, peluquerías, prensa e papelería, combustible para a automoción, estancos, equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animales de compañía, comercio por internet, telefónico ou correspondencia, tintorerías e lavanderías.
O peche das actividades de comercialización e distribución deu lugar a unha caída da actividade económica sen precedentes en tempos de paz. Únicamente os conflictos bélicos abertos deron lugar a unha contracción tal brusca do PIB en tan escaso período temporal.

Coa finalidade de contribuir a paliar esta situación, a Comisión de seguimento do COVID-19 do Concello de Outeiro de Rei, na sesión celebrada o día 23 de abril de 2020, acordou que, dentro das súas limitadas posibilidades orzamentarias e competenciais, se poña en marcha unha línea de axudas ás PYMES e autónomos ubicadas no termo municipal de Outeiro de Rei que, como consecuencia da alerta sanitaria, se viron na obriga de pechar a súa actividade un mínimo de quince días naturais consecutivos.
O importe da axuda toma coma referencia o importe das cuotas correspondentes aos consumos mínimos bimestrales dos servizos de auga, sumidoiro e lixo.
Coa finalidade de implantar esta medida, mediante Decreto da Alcaldía de data de 4 de maio de 2020 acordouse:
PRIMEIRO.- Aprobar as seguintes Bases reguladoras do Programa de subvencións a PYMES e autónomos para paliar os gastos de suspensión da actividade causada pola alerta sanitaria do COVID-19:
PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A PYMES E AUTÓNOMOS PARA CONTRIBUIR AO FINANCIAMENTO DE GASTOS
CORRENTES DURANTE A SUSPENSIÓN DA SÚA ACTIVIDADE CAUSADA POLA ALERTA SANITARIA DO COVID19
Base 1. Liñas xerais e dotación orzamentaria O Concello de Outeiro de Rei, no marco das súas capacidades económicas e competencias e á vista da situación de excepcionalidade económica e social que estamos a vivir como consecuencia da suspensión de actividades comerciais, considera imprescindible aprobar unha línea de axudas dirixidas a PYMES e autónomos para contribuir ao financiamento de certos gastos correntes que seguen a afrontar os empresarios no contexto de peche obrigado da súa actividade.
A tal fin, autorízase crédito por importe de 20.000 euros, que poderá ser ampliado até 50.000 euros no suposto de que sexa insuficiente para atender á totalidade das solicitudes presentadas que reúnan os requisitos regulados nas presentes bases.
Base 2. Réxime xurídico A relación xurdida da presente acción de fomento regúlase na seguinte normativa:
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.
Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Anuncio publicado en: Num BOP 104 año 2020 08/05/2020
05/05/2020 08:00:00
11:28:39

Froito de esta situación, numerosas PYMES e empresarios autónomos se ven nunha situación de peche total da actividade, ao tempo que seguen a xerar gastos, tales coma amortización de créditos, suministros básicos tarifas mínimas de auga, luz, telecomunicacións, lixo, saneamento etc, seguros sociais e obrigas tributarias.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/05/2020

Page count8

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions