Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 104 venres, 8 de maio de 2020

BOP Lugo
Non obstante, os autónomos que non exerzan funcións colexiadas poderán presentar a súa solicitude físicamente ante a oficina de asistencia en materia de rexistro.
Os prazos de presentación de solicitudes rematará o día 30 de maio de 2020.
7.2. Documentación das solicitudes:
A documentación da solicitude deberá vir acompañada da seguinte documentación:
Documento acreditativo da representación do solicitante, para o caso das persoas xurídicas ou no suposto de que as persoas físicas actúen a través de representación.
Copia do NIF ou CIF, así coma da declaración de alta do imposto de actividades económicas.
Certificación dos datos bancarios da entidade, mediante documento expedido e sellado pola entidade financieira correspondente.
Xustificación do gasto, que poderá subtituirse pola solicitude de que se teña por xustificado o gasto coa aprobación da liquidación das taxas municipais dos servizos de auga, lixo e sumidoiros.
No caso de que a documentación fose incorrecta ou insuficiente, daráselle un prazo de 10 días para a súa emenda.
Pasado este prazo sen que a entidade interesada atenda o requirimento, entenderase que desiste do seu pedimento.
Base 8. Resolución 8.1. Valoración das solicitudes:

- Serán admitidas tódalas solicitudes cursadas por entidades con personalidade xurídica ou persoas físicas con domicilio fiscal no termo municipal de Outeiro de Rei, e que dispoñan dun centro productivo no termo municipal que, por mor da crise sanitaria COVID-19, estiva pechado un mínimo de 15 días naturais consecutivos entre o 12
de marzo de 2020 e o día 1 de maio. Polo tanto, deberase acreditar a apertura do centro productivo a data de 12
de marzo.
- O importe da achega determinarase por referencia ao importe da cuota correspondente ao consumo mínimo da actividade correspondente da taxa pola prestación dos servizos de abastecemento de auga, sumidoiros e lixo.
8.2. Concesión A concesión da subvención efectuarse por prioridade na presentación das solicitudes até o esgotamento do crédito orzamentario ou, de ser o caso, da súa ampliación.
A concesión e mailo ingreso se efectuará ao longo do mes de xuño de 2020.
A concesión da subvención será obxecto de notificación electrónica, e indicará o prazo de presentación da documentación xustificativa do gasto.
Base 9. Xustificación e pagamentos 9.1. Prazo de xustificación:
O prazo para a xustificación das subvencións rematará o 30 de maio de 2020.
9.2. Consideracións xerais:
As subvencións aboaranse despois da xustificación dos gastos.
Coa finalidade de minorar as cargas administrativas minoración especialmente necesaria nun contexto de restricción da mobilidade e de suspensión dos prazos administrativos, e ante a innecesaridade da Administración de solicitar datos que obren no seu poder, poderase entender xustificado o gasto coa declaracion do solicitante da axuda dos gastos derivados da liquidación das taxas dos servizos de auga, lixo e sumidoiros.
Dita declaración acompañarase de unha declaración responsable de que o importe agregado das axudas concedidas ou solicitadas a outras Administracións ou entes públicos ou privados no execeden do 100% do importe do gasto subvencionable.
9.3 O importe das subvencións concedidas, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o custo da actividade ou investimento desenvolvido pola entidade beneficiaria.
9.4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.
9.5. Documentación xustificativa:

Anuncio publicado en: Num BOP 104 año 2020 08/05/2020
05/05/2020 08:00:00
11:28:39

A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase en fución dos seguintes criterios:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/05/2020

Page count8

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions