Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 117 sábado, 23 de maio de 2020

BOP Lugo
Anuncio Aprobación inicial do Plan Económico-Financeiro do concello de Mondoñedo 2020-2021
O Pleno do Concello de Mondoñedo en sesión extraordinaria celebrada o 15 de maio de 2020, aprobou o Plan EconómicoFinanceiro para os anos 2020 e 2021.
Ao obxecto de dar cumprimento ao previsto no artigo 23.4 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira, o Plan queda sometido á mesma publicidade que a prevista no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
En aplicación do previsto nos artigos 169 e 170 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, o expediente estará a disposición dos interesados nas sede electrónica do Concello de Ames, así como o expediente físico nas dependencias do servizo de Intervención durante o período de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte á inserción do presente anuncio Boletín Oficial da Provincia.
Contra a devandita aprobación inicial, poderán os interesados interpor reclamacións ante o Pleno, de acordo cos supostos taxados no artigo 170 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo RD
2/2004. No suposto de non presentarse reclamacións durante dito prazo, considerarase definitivamente aprobado o Plan Económico Financeiro do concello de Mondoñedo para os anos 2020-2021.
Mondoñedo, 18 de maio de 2020.- O alcalde, Manuel Ángel Otero Legide.
R. 0890

Anuncio D. Jose Pardo Lombao, Alcalde-Presidente do Concello de Outeiro de Rei, Lugo, no uso das facultades que me confire o artigo 21.1 da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de Rexirne Local, expoño:
A Disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a Xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, estableceu a suspensión e interrupción dos prazos para a tramitación dos procementos das entidades do sector público. Esta medida aplícarase a todo o sector público definido na LPAC, que segundo o seu artigo 2 comprende á Administracións Locais.
Engade o apartado 4º de dita Disposición adicional que, sin perjuicio de lo dispuesto en los apartados anteriores, desde la entrada en vigor del presente real decreto, las entidades del sector público podrán acordar motivadamente la continuación de aquellos procedimientos administrativos que vengan referidos a situaciones estrechamente vinculadas a los hechos justificativos del estado de alarma, o que sean indispensables para la protección del interés general o para el funcionamiento básico de los servicios.
A progresiva flexibilización das medidas preventivas propias do proceso de desescalada no que nos atopamos, así coma a necesidade de organizar a apertura do próximo curso escolar nun servizo tan esencial para a conciliación familiar coma a escola infantil municipal, xustifican o levantamento da suspensión do prazo establecido regulamentariamente para a matriculación na escola infantil municipal de Outeiro de Rei no curso escolar 2020/2021.
Por tal motivo, mediante Decreto da Alcaldía de data de 18 de maio de 2020, acordouse:
PRIMEIRO: Levantar a suspensión do prazo de matrícula na escola infantil municipal para o curso escolar 2020/2021.
Outeiro de Rei, 18 de maio de 2020.- O Alcalde, José Pardo Lombao.
R. 0891

RIOTORTO
Anuncio A Xunta de Goberno Local deste Concello en sesión ordinaria celebrada o día 12 de maio de 2020 aprobou as bases de axudas a autónomos e de apoio ao pequeno comercio afectados pola crise sanitaria provocada polo covid-19, bases que se transcriben a continuación ao obxecto da convocatoria destas axudas:

Anuncio publicado en: Num BOP 117 año 2020 23/05/2020
22/05/2020 08:00:00
09:08:57

OUTEIRO DE REI

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/05/2020

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions