Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 117 sábado, 23 de maio de 2020

BOP Lugo
GUNTÍN
Anuncio Faise público que por esta Alcaldía con data 15 de maio de 2020, ditouse a seguinte resolución, que literalmente di o que segue:
Á vista do R.D. 463/2020 de 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crisis sanitaria ocasionada polo COVID 19, e á vista das recomendacións da FEGAMP, pola alcaldía ditouse resolución con data 25 de marzo do actual, quedando suspendidas as convocatorias das sesión ordinarias dos órganos colexiados municipais, Xuntas de Goberno Local e Pleno, en tanto non se levante a situación de alarma decretada polo goberno.
Non obstante á vista do establecido na Disposición Adicional Terceira do R.D. 463/2020, o órgano competente podrá acordar previa resolución motivada as medidas de ordenación e instrucción necesarias para evitar graves prexuízos nos intereses e dereitos dos interesados nos procedementos.
Polo tanto estímase conveniente a avocación de todas as competencias da Xunta de Goberno Local incluidas na Resolución da Alcaldía nº 2019-0261 de data 21/08/2019, publicada no B.O.P de Lugo nº 197 de 28/08/2019, en tanto dure o estado de alarma.
No art. 10 da Lei 40/2015 de 1 de outubro de réxime xurídico do sector público díse que os órganos poderán avocar para si, o coñecemento dun ou varios asuntos cuxa resolución corresponda ordinariamente ou por delegación a outros órganos administrativos. Elo cando circunstancias de índole técnica, económica, social, xurídica ou territorial o fagan conveniente. A avocación realizarase mediante acordo motivado, que deberá notificarse aos interesados no procedemento, con anterioridade ou simultáneamente á resolución final que se dicte.
Á vista do anterior e, no uso das facultades que me son conferidas pola vixente lexislación,
1.- A avocación de todas as competencias delegadas pola Alcaldía a favor da Xunta de Goberno Local, incluidas na Resolución da Alcaldía nº 2019-0261 de data 21/08/2019, publicada no B.O.P de Lugo nº 197 de 28/08/2019, en tanto dure o estado de alarma, 2.- Dar conta da presente resolución á Xunta de Goberno así como ao Pleno do concello aos efectos oportunos.
3.- Publíquese esta Resolución no B.O.P de Lugo.
Guntín, 15 de maio de 2020.-A Alcaldesa, María José Gómez Rodríguez.
R. 0888

MONDOÑEDO
Anuncio O Pleno do Concello en sesión extaordinaria realizada o dia 15 de maio do 2020, aprobou inicialmente o Suplemento de Crédito 2020/1 , financiado con Remanente líquido de Tesoreria, por importe de 38.022,46
euros e En cumprimento do disposto no artigo 169.1 por remisión do 177.2, do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sómetese o expediente á exposición pública durante o prazo de quince días, contados dende o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar recalamacións que consideren oportunas. Se unha vez transcorrido o devandito prazo non se presentan alegacións, considerase aprobado definitivamente dito acordo.
Habida conta que a presente modificación constitue a cobertura orzamentaria da tratamitación do oportuno expediente de recoñecemento extraxudicial de competencia plenaria num. 2020/1 e visto o carácter esencia da función de pago a proveedores, máxima na situación económica que nos encontramos derivada da alarma sanitaria do Covid 19, aos efectos do establecido na disposición adicional 3.4 do Real Decreto 463/2020 de 14
de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionda por el Covid-19, continuarase coa tramitación do procedemento sen suspensión de plazos administrativos.
Mondoñedo, 18 de maio de 2020.- O Alcalde, Manuel Angel Otero Legide.
R. 0889

Anuncio publicado en: Num BOP 117 año 2020 23/05/2020
22/05/2020 08:00:00
09:08:57

DECRETO:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/05/2020

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions