Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 111 sábado, 16 de maio de 2020

BOP Lugo
AS NOGAIS
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data 02 de abril de 2020, aprobouse o Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente ao mes de abril 2020, o que se notifica aos efectos do seu coñecemento e se indica que, de conformidade co Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, os prazos para presentación de recursos correspondentes están suspendidos. Unha vez perda vixencia dita suspensión, iniciarase o período de exposición ao público polo prazo de 15 días contados a partir do día seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
As Nogais,11 de maio de 2020.- O Alcalde, Jesús Manuel Núñez Díaz.
R. 0849

O PÁRAMO
Anuncio Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 30/04/2020, o Padrón de contribuíntes do prezo público do servizo de Axuda no Fogar, na modalidade de libre concorrencia ou prestación básica e de dependencia, correspondente ao mes de ABRIL de 2020, polo importe total de 1402,09 €

O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos de que sirva de notificación colectiva de conformidade co establecido na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
O Páramo, 7 de maio de 2020.- O Alcalde, Jose Luis López López.
R. 0850

Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data 24 de abril de 2020, aprobáronse as bases dunha convocatoria de axudas , para a concesión de axudas directas e por razóns de interese social ou humanitario destinadas á compra de alimentos e produtos de primeira necesidade para familias ou persoas individuais que así o precisen como consecuencia das circunstancias socio-economicas derivadas da crise sanitaria COVID-19
Enténdese que esta crise sanitaria terá consecuencias na economía familiar dalgún veciño ou familia deste municipio, con unha merma importante dos seus ingresos.
Entre as razóns que acreditan o interese público, social , económico ou humanitario destácase a situación actual de declaración de expedientes de regulación temporal de emprego ERTE por parte das empresas, cese de actividade, ou diminución de xornada laboral, todas consecuencia das medidas ordenadas polo RD 463/2020, de 14 de marzo polo que se declara o Estado de Alarma, tomando en consideración que moitas familias que habitualmente dispoñían de ingresos periódicos non contarán con estes durante un tempo.
BENEFICIARIOS/AS
Veciños e veciñas de O PARAMO, cunha antigidade mínima no Padrón de seis meses que acrediten a diminución de ingresos derivada de cese de actividade, de perda do emprego ou diminución da xornada laboral como consecuencia do estado de alarma decretado pola crise sanitaria do Covid-19.
MODALIDADES E REQUISITOS DAS AXUDAS
A axuda concederase según a seguinte modalidade e requisitos:

Vale de 60€/mes por unidade familiar de 1 ou 2 membros.

Vale de 100 €/mes por unidade familiar de 3 ou máis membros.

Para a concesión se require que quede acreditado suficientemente a diminución de ingresos na unidade familiar por situacións derivadas do COVID-19.
No poderán acceder a esta convocatoria as familias que xa estén percibindo outro tipo de axudas que ofrece o Concello.

Anuncio publicado en: Num BOP 111 año 2020 16/05/2020
15/05/2020 08:00:00
17:51:04

Por medio do presente exponse ao público o devandito padrón polo prazo de quince días hábiles, que empezará a contarse dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/05/2020

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions