Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 111 sábado, 16 de maio de 2020

BOP Lugo
En base ao anteriormente exposto e tendo en conta as atribucións outorgadas pola lexislación en materia do réxime local, este Alcalde, RESOLVE:
Primeiro.- Proceder á suspensión do prezo público da Escola Municipal de Música e ao cobro da taxa do lixo, auga e saneamento durante o tempo de duración da alarma sanitaria ou situación do Estado de Alarma naquelas actividades que se ven directamente afectadas pola ausencia de actividade económica e que polo tanto se atopan pechadas ao público.
Esta suspensión non afecta aos tributos como o canón da auga, xa que é potestade da Xunta de Galicia proceder á súa suspensión aínda que se cobren no recibo municipal correspondente.
Segundo.- Proceder ao aprazamento daqueles padróns fiscais que aínda non se puxeron ao cobro e correspondentes ao primeiro bimestre do ano 2020.
Terceiro.- Deixar sen efecto ata novo aviso o período de cobramento dos padróns fiscais pendentes de cobramento a día de hoxe.
Cuarto.- Publicar un Anuncio no BOP, no Taboleiro de Anuncios do Concello e na web municipal, que surta efectos de notificación colectiva, de conformidade ao artigo 102.3 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.
Quinto.- Dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que este celebre.
Así o mandou o Alcalde Accidental do Concello de Meira, do que eu,Secretaria Interventora Accidental, dou fe.
A secretaria-interventora
O alcalde accidental
Pilar Rozas Alonso
Agustín Méndez Moirón
Meira, 26 de marzo de 2020.- O alcalde accidental, Agustín Méndez Moirón.

NAVIA DE SUARNA
Anuncio Faise público para xeral coñecemento, que esta Alcaldía con data do 15 de maio de 2020 resolveu o seguinte:
O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria celebrada o día 27 de febreiro de 2020, aprobou inicialmente o orzamento municipal para o ano 2020.
O anuncio de aprobación inicial publicouse no BOP de Lugo co núm. 52, o día 4 de marzo de 2020.
Visto que o Goberno de España declarou o día 14 de marzo de 2020 o Estado de Alarma en todo o país durante quince días, que podería prorrogarse se fose preciso contando coa autorización do Congreso de Deputados.
Visto o RD 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que recolle na súa disposición adicional terceira a suspensión de termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, reanudándose no momento no que perda a vixencia o presente Real Decreto, ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.
Visto o RD 465/2020, de 17 de marzo, no que se modifica a disposición adicional do RD 463/2020, quedando redactado do xeito seguinte:
4. Sin perjuicio de lo dispuesto en los apartados anteriores, desde la entrada en vigor del presente Real Decreto, las entidades del sector público podrán acordar motivadamente la continuación de aquellos procedimientos administrativos que vengan referidos a situaciones estrechamente vinculadas a los hechos justificativos del estado de alarma, o que sean indispensables para la protección del interés general o para el funcionamiento básico de los servicios.
Sendo imprescindible para este Concello a aprobación definitiva do orzamento 2020, a fin de non causar perxuicio nos investimentos nel reflexados, esta Alcaldía en uso das súas atribucións, ACORDA:
Primeiro.- Continuar coa exposición pública do orzamento municipal aprobado inicialmente para o exercicio de 2020, cuxo período se iniciou o día 5 de marzo de 2020, e se suspendeu o día 14 de marzo 2020, faltando 8 días hábiles para rematar o período de exposición ó público.
Os 8 días hábiles empezarán a contar a partir do día hábil seguinte á da publicación do presente anuncio no BOP
de Lugo.
Segundo.- Publicar o contido desta resolución no BOP de Lugo.
Navia de Suarna, 15 de maio de 2020.- O Alcalde, José Fernández Fernández.
R. 0872

Anuncio publicado en: Num BOP 111 año 2020 16/05/2020
15/05/2020 08:00:00
17:51:04

R. 0848

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/05/2020

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions