Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 109 xoves, 14 de maio de 2020

BOP Lugo
DON ROBERTO FERNÁNDEZ RICO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE RIBEIRA DE PIQUÍN LUGO.
Visto que mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 24 de febreiro de 2020 se aprobaron as bases que rexerán o proceso para a selección dun oficial de 1 carpinteiro e tres peóns especialistas forestais, como persoal laboral temporal, a xornada completa 100%, cunha duración de seis 6 meses, a través do programa Fomento do Emprego 2019 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Visto que con data 13 de marzo de 2020 se publicou anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 60, comezando a contar o prazo de presentación de instancias a partir do día seguinte da dita publicación.
Visto o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, establecéndose na súa Disposición Adicional Terceira a suspensión e interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, durante a vixencia do actual estado de alarma.
Considerando o disposto no punto 4 da mencionada D.A. Terceira do RD 463/2020, esta Entidade Local considera indispensable para o funcionamento básico dos servizos a continuación do dito procedemento de selección e posterior contratación de persoal para a realización de tarefas imprescindibles e necesarias para o funcionamento dos servizos esenciais que presta o Concello de Ribeira de Piquín, dado a falta de medios personais para os servizos de obras públicas e protección do medio ambiente, incluíndo neste último a prevención e defensa contra os incendios forestais dado a estación do ano en que nos atopamos.
Considerando asimesmo que coa reanudación do prazo para a presentación de instancias do dito proceso selectivo non se prevé unha afluencia masiva de candidatos por praza, tendo en conta o escaso número de persoas desempregadas no noso concello. Asimesmo a celebración das probas selectivas terá lugar a partir do día 25 de maio de 2020 coincidindo co inicio da fase 2, dada a vixencia da prórroga actual do estado de alarma.
Por todo o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 21.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVO:

SEGUNDO.- Reanudar o cómputo do prazo para a presentación de instancias do proceso selectivo para a contratación dun oficial de 1 carpinteiro e tres peóns especialistas forestais, a través do programa Fomento do Emprego da Excma. Deputación Provincial de Lugo, e que comezará a computarse a partir do día seguinte á publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
TERCEIRO.- Deste acordo darase conta ao Pleno municipal na primeira sesión ordinaria que se celebre.
Ribeira de Piquín, 12 de maio de 2020.- O Alcalde. Roberto Fernández Rico.
R. 0852

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 109 año 2020 14/05/2020
12/05/2020 08:00:00
22:09:36

PRIMEIRO.- Continuar coa tramitación do procedemento de selección dun oficial de 1 carpinteiro e tres peóns especialistas forestais, a través do programa Fomento do Emprego da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/05/2020

Page count5

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions