Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 109 xoves, 14 de maio de 2020

BOP Lugo
Visto que con data 14 de marzo de dous mil vinte publicouse no DOG a Resolución do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia Platerga no seu nivel IG emerxencia de interese galego, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, que nos seus puntos sétimo e oitavo sinalaba a suspensión da actividade durante 14 días naturais, contados desde a publicación deste acordo no DOG, de todos os establecementos de espectáculos públicos e actividades recreativas incluídos no anexo do Decreto 124/2019,de 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia, e entre elas inclúense Restaurantes, cafetarías,. Bares.
Con data trece de marzo de dous mil vinte o sr. Alcalde-presidente ditou o decreto 42/2020, como consecuencia da evolución do COVID-19, no que pechaba ao público o Centro de fisioterapia.
Con data catorce de marzo de dous mil vinte, o Consello de Ministros aprobou o Real Decreto 463/2020, do 14
de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. No seu artigo 10.3 sinala suspende a apertura ao público dos museos, arquivos, bibliotecas, monumentos, así como dos locais e establecementos nos que se desenvolvan espectáculos públicos, as actividades deportivas e de lecer, e remite ao seu anexo, Lista de equipos e actividades cuxa apertura ao público queda suspendida de acordo ao establecido no artigo 10.3, e no que se inclúe, entre outras, e para o caso que nos ocupa, De hostalería e restauración: Tabernas e adegas, Cafeterías, bares, café-bares e asimilables.

Visto que as autorizacións de uso de locais e espazos municipais, así como, a realización de actividades e prestación de servizos municipais, atópanse suspendidos por causa do COVID-19, ben por decisión do concello ou ben por imposición doutras administracións de ámbito superior, o certo é que estas actuacións implican o pagamento de taxas ou prezos públicos establecidos polo concello.
Visto que o servizo de recollida do lixo é un servizo de recepción obrigatoria, estase a producir unha situación semellante a outras figuras tributarias e prezos públicos afectados, posto que a causa de que o servizo non se preste ou desenvolva aos afectados, non depende da súa vontade ou non é imputable aos suxeitos pasivos, senón a unha decisión da Administración que llo impide. Xa que determinados suxeitos pasivos non se atopan en disposición de poder utilizar os servizos por causas alleas á súa vontade, baseadas en decisións da Administración, ao obrigarlles a pechar as súas instalacións, polo que hai un impedimento efectivo para realizar a actividade nos locais sobre os que descansa o feito impoñible destas taxas.
Á vista do anteriormente sinalado e visto o informe de Secretaría-Intervención, e de conformidade coa normativa vixente en materia de réxime local que lle confire á Alcaldía a dirección política, o goberno e a administración municipal, adopción de decisións en situacións de catástrofe ou de infortunios públicos ou grave risco e desenvolvemento da xestión económica de conformidade co orzamento vixente, RESOLVO:
1º.- Recoñecer que se dá o suposto recollido no artigo 46.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e polo tanto non procede esixir o prezo público, ou no seu caso proceder á devolución do prezo público que grava a actividade ou servizo que presta o concello de Ourol, dende o 13/03/2020 e ata o momento en que se produza o levantamento das suspensións impostas pola declaración do estado de alarma, para o seguinte suposto:

Servizo de fisioterapia
2º.- Recoñecer que non ten lugar o feito impoñible que se recolle no artigo 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e polo tanto, segundo o artigo 12 da Lei 8/1989, do 13 de abril, non procede esixir ou procede devolver no seu caso, as taxas que gravan as actividades ou servizos que presta o concello de Ourol que se realicen entre o 13/03/2020 e o momento en que se produza o levantamento das suspensións impostas pola declaración do estado de alarma, entendendo aplicable as excepcionalidades previstas na Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 30 de abril de 2008, para a seguinte figura e coas seguintes condicións:
Taxa pola recollida do lixo. Afectará as actividades suspendidas polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo e/ou Resolución do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Neste caso será precisa a solicitude previa dos interesados, e acreditarase mediante a presentación da declaración censal ou cerfificado da AEAT do IAE da anualidade do 2020, cuxo epígrafe se axuste ás actividades suspendidas. No caso de que as solicitudes se presenten con posterioridade ao fin do prazo de pagamento e xa se tivera producido este, procederase á devolución correspondente.

Anuncio publicado en: Num BOP 109 año 2020 14/05/2020
12/05/2020 08:00:00
22:09:36

Con data vinte e nove de marzo de dous mil vinte, publicouse o Real Decreto-Ley 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19, que de facto supuxo a imposibilidade de desenvolver determinadas actividades adicionais ás definidas no anexo do RD
463/2020, entre os días 30/03/2020 e o 08/03/2020.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/05/2020

Page count5

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions