Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 108 mércores, 13 de maio de 2020

BOP Lugo
dar valor engadido ás decisións tomadas en niveis superiores acadando un máis axeitado nivel de precisión en cada territorio.
2.- Normativa aplicable.
1.- As presentes bases e convocatoria rexeranse, con carácter xeral, no non previsto nas mesmas polo disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións en diante LXS e o seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo en diante RLXS e nas Bases de execución do Orzamento Municipal para o exercicio 2020 e, supletoriamente, na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e calquera outra disposición normativa que pola súa natureza puidese resultar de aplicación.
2.- Así mesmo, están sometidas ao réxime de minimis, regulado polo Regulamento UE 1407/2013, de 18 de decembro, da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis DOUE L352 de 24 de decembro de 2013.
3.- A xestión destas subvencións suxeitarase aos principios de publicidade, concorrencia, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como á eficacia no cumprimento de obxectivos e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.
3.- Crédito orzamentario A contía destinada a atender á presente convocatoria de subvencións ascende a un importe total de 1.400.000 €
do vixente orzamento municipal, con cargo á aplicación orzamentaria seguinte:
4311.48001 - 1.400.000
Este crédito, por depender dun incremento do importe do crédito orzamentario dispoñible nas aplicacións orzamentarias sinaladas, queda condicionada á efectiva dispoñibilidade do mesmo antes de proceder á concesión das axudas polos importes que correspondan.

4.- Contía das Axudas Con base no artigo 30.7 da LXS:
1.- Concederase unha contía fixa de 1.000 euros, ás pequenas empresas autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia, que sexan titulares de establecementos comerciais abertos ó público antes do 14 de marzo, cando a actividade que viñesen desenvolvendo se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no R.D. 465/2020 de 17 de marzo, que modificou o artigo 10 do R.D. 463/2020 de 14
de marzo.
2.- Concederase unha contía fixa de 200 € aos traballadores autónomos que sen estar afectados polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo, se viran obrigados a cesar na súa actividade con posterioridade ao 15 de marzo de 2020 e por circunstancias relacionadas co Covid-19, sempre que tiveran solicitado e concedido a prestación por cese de actividade.
3.- Concederase unha contía fixa de 200 € aos traballadores por conta allea que se tiveran visto afectados por un expediente de regulación de emprego en calquera das súas modalidades, sempre que non se tivese chegado a acordo co empregador para completar o 100 % da base reguladora.
4.- Concederase unha contía fixa de 200 € ós traballadores por conta allea que tiveran sido obxecto de despido por parte do seu empregador por causas técnicas, organizativas ou da produción, excepcionándose os despidos disciplinarios, con posterioridade ao 15 de marzo de 2020.
5.- Concederase unha axuda de 200 € ós traballadores contratados temporalmente cuxo contrato finalizase con posterioridade ó 15 de marzo de 2020, e non fose renovado pola falta de actividade da empresa debido a circunstancias relacionadas co Covid-19.
5.- Requisitos para ser persoa ou empresa beneficiaria.
1.- Poderán solicitar a subvención de 1000 € as pequenas empresas autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia, que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran os seguintes requisitos:
a Que a actividade económica sexa desenvolvida por unha persoa traballador autónomo ou entidade mercantil, titulares de establecementos comerciais abertos o público antes do 14 de marzo de 2010, de acordo a este punto b Que a actividade que viñese desenvolvendo se tivera visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo.

Anuncio publicado en: Num BOP 108 año 2020 13/05/2020
12/05/2020 08:00:00
21:29:08

No caso de que finalizado o prazo de solicitude se tiveran presentado un número de solicitudes para o que non fora dabondo a contía inicialmente consignada, poderase ampliar o crédito.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/05/2020

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions