Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 108 mércores, 13 de maio de 2020

BOP Lugo
prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
Castroverde, 7 de maio de 2020.- O Alcalde, Xosé María Arias Fernández.
R. 0829

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio DECRETO DA ALCALDÍA
A situación de emerxencia xerada pola evolución do COVID-19 levou ao Goberno a decretar o estado de alarma, polo Real Decreto Lei 463/2020, de 14 de marzo, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada. Dada a situación xerada todalas administracións e, particularmente este Concello, ditaron diferentes normas para tratar de reducir o avance dos contaxios desta enfermidade. Unha vez adoptadas ditas medidas e que o aspecto sanitario está en vías de control, é preciso facer fronte as consecuencias económicas que téñense producido e destinar fondos públicos para colaborar co tecido produtivo e cos traballadores e traballadoras que foron afectados.

Con estas axudas preténdese protexer o interese xeral da cidadanía de Monforte de Lemos dando soporte ao tecido produtivo do Concello, tanto a autónomos, microempresas, pequena e mediana empresa, en fin, ao empresariado en xeral e tamén aos traballadores e traballadoras, para minimizar o impacto económico provocado pola crise do COVID-19 e lograr que, unha vez finalizada a alarma sanitaria, prodúzase canto antes unha reactivación da economía da nosa cidade, actuando directamente sobre as persoas físicas e xurídicas máis afectadas.
Polo anteriomente esposto e en virtude das apribución que me confire o art. 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o art. 61 da Lai 5%1997, de 22 de xullo de administración local de Galicia, DISPOÑO:
PRIMEIRO.- Aprobar as BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA O IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
NO TERMO MUNICIPAL DE MONFORTE DE LEMOS, PARA PALIAR OS EFECTOS DO COVID-19, cuxo texto e o seguinte:
BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA O IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA NO TERMO MUNICIPAL
DE MONFORTE DE LEMOS, PARA PALIAR OS EFECTOS DO COVID-19
PLAN REACTIVA MONFORTE
1.- Obxecto da presente convocatoria.
O obxecto da presente convocatoria é paliar e actuar de maneira inmediata, ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica no termo municipal de Monforte de Lemos, outorgando liquidez ás empresas da cidade para, contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego.
Preténdese protexer o interese xeral dos veciños de Monforte, dando axuda e aos traballadores por conta allea para minimizar o impacto da crise económica provocada polo COVID-19 e coadxuvar para que, unha vez finalizada a alarma sanitaria, o dano producido sexa o menor posible, actuando directamente sobre as persoas máis afectadas.
O papel dos concellos na crise económica e de emprego que nos vai tocar vivir é clave porque a Administración do Estado e autonómica proporcionan recursos estándares que unicamente os concellos poden ensamblar e adaptar á súa realidade local particular, exercendo as súas competencias dun xeito complementario, sen incurrir en duplicidade mediante o deseño dunha estratexia de promoción económica capaz de identificar e valorizar os recursos e proceder á adaptación dos programas ás necesidades locais.
Ese rol que cumpren as estruturas locais de apoio ao emprego, lonxe de invadir competencias ou producir duplicidade algunha, fan posible tamén a efectividade da dimensión local do emprego que apunta tanto a Lei Nacional de Emprego art. 4, R.D.L. 3/2015, como a Comisión Europea, que no seu documento de Actuación local a favor do emprego para unha estratexia europea do emprego define o ámbito local como aquel nivel que permite detectar as necesidades locais non satisfeitas polo que lonxe de ser un ámbito no que unicamente se poñan en práctica decisións adoptadas noutros ámbitos pode combinar diferentes instrumentos e desenvolver formas de
Anuncio publicado en: Num BOP 108 año 2020 13/05/2020
12/05/2020 08:00:00
21:29:08

Non cabe dúbida de que o cesamento da actividade derivada da citada declaración de emerxencia fai preciso que se proceda a actuar de maneira inmediata, fronte as consecuencias derivadas da crise económica provocada pola pandemia, e impulsar a actividade económica no termo municipal de Monforte de Lemos, colaborando coas empresas da cidade para contribuír a facilitar o cumprimento das súas obrigacións empresariais, mantemento da actividade e emprego e amortecer a redución drástica de ingresos, así como apoiar aos traballadores e traballadoras que, como consecuencia da paralización de dita actividade económica, viron finalizados seus contratos de traballo, coas consecuencias de toda índole que elo conleva.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/05/2020

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions