Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 105 sábado, 9 de maio de 2020

BOP Lugo
Neste contexto, tendo en conta a Resolución desta Alcaldía de data 25 de marzo de 2020 que adopta, entre outras, directrices xerais a empregar no marco das relacións contractuais e prestacionais deste Concello compre adaptar ás circunstancias extraordinarias actuais, as condicións de explotación do uso e utilización que se desenvolvan nas instalacións municipais e cuxas actividades quedaron suspendidas por estar incluídas no ámbito de aplicación do artigo 10 do devandito Real Decreto Lei 463/2020, de 14 de marzo, que declara o estado de alarma, relativo as medidas de contención no ámbito da actividade comercial, equipamentos culturais, establecementos e actividades recreativas, actividades de hostalería e restauración, e outras adicionais.
Polo exposto, en particular respecto da Taxa por estacionamento nas vías públicas dos autotaxis e demais vehículos de alugueiro e a Taxa por utilización do dominio local no Mercado ou Praza de Abastos e nos seus espazos e servizos anexos que se abona a este Concello, pola ocupación da vía pública ou pola utilización privativa de bens de dominio público municipal, coa finalidade de minimizar as consecuencias derivadas da disminución da actividade derivada da adopción das referidas medidas de emerxencia, en virtude das atribucións que me confire o art. 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, DISPOÑO:
PRIMEIRO.- Reducir as taxas que se abonan neste Concello como contraprestación económica derivada da Taxa por estacionamento nas vías públicas dos autotaxis e demais vehiculos de alugueiro e da Taxa por utilización do dominio local no Mercado ou Praza de Abastos e nos seus espazos e servizos anexos, nun importe do 95%, redución que terá efectos durante todo o período de vixencia da declaración do estado de alarma, e polo tanto con efectos económicos do día 14 de marzo de 2020, data de entrada en vigor do polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo DF3.
SEGUNDO. Notificar a presente resolución á Intervención Municipal, aos interesados, así como aos empregados públicos con responsabilidades na tramitación das correspondentes facturas xiradas por estes conceptos.
TERCEIRO.- Unha vez restablecido o normal funcionamento das institucións municipais, déase conta á Xunta de Goberno da resolución adoptada.
Monforte de Lemos, 21 de abril de 2020.- O ALCALDE, José Tomé Roca.

MURAS
Anuncio Aprobación definitiva da ordenanza reguladora do prezo público pola participación no Trail das Bestas no Concello de Muras Téndose aprobado provisionalmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria levada a cabo o 26.02.2020
a ordenanza reguladora do prezo público pola participación na carreira popular Trail das Bestas no Concello de Muras, e, unha vez transcorrido o prazo de 30 días a que fai referencia o artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases do Réxime Local, sen se ter presentado reclamacións contra dito acordo provisional, éste queda automáticamente elevado a definitivo, procedéndose á publicación do seu texto íntegro de seguido:
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PARTICIPACIÓN NA CARREIRA TRAIL DAS
BESTAS DO CONCELLO DE MURAS LUGO
Artigo 1.- Fundamento De conformidade co previsto no artigo 127 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, en relación cos arts. 41 a 47 desta norma e en exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ás entidades locais nos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, este Concello establecece o prezo público pola participación na carreira Trail das Bestas.
Artigo 2.- Concepto O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe o ingreso de dereito público, que se satisfará polos participantes na carreira Trail das Bestas.
Artigo 3.- Obrigados ao pago Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza as persoas físicas que vaian participar no Trail das Bestas organizada polo Concello de Muras e que desenvolverase a través de empresa externa.
Artigo 4.- Tarifas As contías do prezo público que se deberán pagar ao Concello pola participación na carreira será de:
- Polo percorrido maratón de 43km: 26,00€
- Polo percorrido de 24,5km: 22,00€
- Polo percorrido de 15km: 20,00€

Anuncio publicado en: Num BOP 105 año 2020 09/05/2020
08/05/2020 08:00:00
10:46:23

R. 0813

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/05/2020

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions