Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

13

Núm. 105 sábado, 9 de maio de 2020

BOP Lugo
6. A interposición de recurso non paraliza a acción administrativa para o cobro, a menos que dentro do prazo previsto para interpoñer o recurso, o interesado solicite a suspensión da execución do acto impugnado e acompañe a garantía polo total da débeda tributaria.
Porén, en casos excepcionais, a alcaldía pode acordar a suspensión do procedemento, sen prestación de ningún tipo de garantía, cando o recorrinte xustifique a imposibilidade de prestala ou ben demostra de xeito concluínte a existencia de erros materiais na liquidación que se impugna.
7. O período de cobro para os valores - recibo notificados colectivamente determinarase cada ano e anunciarase conforme ao Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario de 5 de marzo de 2004.
As liquidacións de ingreso directo deben ser satisfeitas nos períodos fixados polo Regulamento Xeral de Recadación, que son:
a Para as notificadas dentro da primeira quincena do mes, ata o día 5 do mes natural seguinte.
b Para as notificadas dentro da segunda quincena do mes, ata o día 20 do mes natural seguinte.
8. Transcorridos os períodos de pago voluntario sen que a débeda se teña satisfeito, iniciarase o período executivo, o cal comporta a acreditación do recargo do 20 por cento do importe da débeda non ingresada, así como o dos intereses de demora correspondentes.
O recargo será do 10 por cento cando a débeda se ingrese antes de que fora notificado ao debedor a providencia de constrinximento.
Artigo 12º. Xestión por delegación No caso de xestión delegada, as atribucións dos órganos municipais se entenderán exercidas pola Administración convida ou delegada. Para o procedemento de xestión e recadación non establecido nesta ordenanza deberá aplicarse o establecido pola lexislación vixente.

1. Os actos de xestión e inspección catastral do imposto serán revisables nos termos e de acordo cos procedementos sinalados no RDL 2/2004, de 5 de marzo e no Real Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.
2. Os actos de xestión tributaria do imposto serán revisables conforme o preceptuado no artigo 14 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, e demais concordantes de aplicación.
Disposición adicional primeira.
Para o non previsto nesta Ordenanza fiscal estarase ao disposto no RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Disposición adicional segunda.
As modificacións producidas pola Lei de Orzamentos Xerais do Estado ou calquera outra norma de rango legal que afecte a calquera elemento do presente imposto será de aplicación dentro do ámbito desta Ordenanza.
Disposición final.
A presente Ordenanza Fiscal derroga a publicada no BOP de Lugo do 26 de decembro de 2017, e entrará en vigor o día seguinte ao da publicación da aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2021, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Muras, 5 de maio de 2020.- O Alcalde, Manuel Requeijo Amejo.
R. 0816

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 105 año 2020 09/05/2020
08/05/2020 08:00:00
10:46:23

Artigo 13. Revisión.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/05/2020

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions