Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 062 venres, 15 de marzo de 2019

BOP de Lugo
g Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
Tódolos requisitos citados deberán reunirse con referencia ó derradeiro día do prazo de presentación de instancias, debendo continuar en posesión dos mesmos durante todo o proceso selectivo.
4.- FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.
Os/as interesados/as dirixirán as solicitudes ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Burela e presentaranas no Rexistro Xeral da citada entidade ou nos lugares que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 7 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP de Lugo . Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
Cando se presenten en correos, deberá entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo empregado de correos.
Dado o carácter urxente da convocatoria, os/as aspirantes que presentasen a instancia en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, deberán remitir por fax ao Concello copia selada da instancia dentro do prazo de 7 días naturais sinalado anteriormente nº de fax: 982 58 59 45.
O impreso de instancia axustarase ao modelo oficial que se facilitará no Rexistro xeral do Concello, publicándose así mesmo na sede electrónica http burela.sedelectronica.es.
5.-DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACOMPAÑAR NECESARIAMENTE Á SOLICITUDE.
Os/as aspirantes farán constar na instancia que reúnen tódolos requisitos sinalados na Base 3 e achegarán inescusablemente os seguintes documentos:
A Fotocopia do DNI ou tarxeta acreditativa da súa identidade no caso de estranxeiros.
B Fotocopia do titulo académico esixido e do documento acreditativo do coñecemento da lingua galega .

Deberase acompañar á solicitude as xustificacións documentais debidamente compulsadas dos méritos que desexen alegar en relación coa praza que se convoca.
Non se valorarán os méritos que non estean acreditados documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal, non estean suficientemente acreditados.
A non acreditación dos méritos alegados determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fora do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse.
Tampouco se requirirá aos/ás interesados/as para que os acrediten.
Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os/as interesados/as aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.
6.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución aprobando a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as neste caso con indicación das causas que dean lugar á exclusión, que se fará pública na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello, exclusivamente.
Ademais, en dita resolución fixaranse os titulares e os suplentes que conformarán o Tribunal Cualificador.
Concederase un prazo improrrogable de dous días hábiles para reclamacións á lista provisional e emenda de defectos, a contar dende o seguinte ao da súa publicación na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello. Para os efectos de axilizar o procedemento, de non presentarse reclamacións dentro do prazo establecido a resolución de admitidos/as e excluídos/as poderase entender elevada a definitiva.
As reclamacións sobre as exclusións provisionais serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se fará pública da mesma maneira que a provisional.
O prazo de emenda non é de aplicación respecto dos méritos alegados pero non aportados. Os erros de feito poderanse emendar en calquera momento, de oficio ou por pedimento dos interesados, de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015.
O feito de figurar incluído/a na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza ós/ás interesados/as a posesión dos requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente como paso previo á contratación que corresponda. Cando da documentación que debe presentarse logo de ter superado o procedemento de selección se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en tódolos dereitos que se puidesen derivar da súa participación.

Anuncio publicado en: Num BOP 62 año 2019 14/03/2019 13:19:24
15/03/2019 08:00:00

CDocumentación acreditativa dos méritos alegados.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha15/03/2019

Nro. de páginas16

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31