Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 062 venres, 15 de marzo de 2019

BOP de Lugo
- Xestión da aula: atención a usuarios/as, mantemento do equipamento, xestión da documentación.
- Coidar do cumprimento por parte dos usuarios/as das normas de funcionamento, acceso, horario e optimización do uso e ocupación dos recurso do centro.
- Aportación de datos de seguimento e avaliación das actividades.
- Atención de forma personalizada aos usuarios/as, realizando o apoio e seguimento da súa aprendizaxe, para que vexan o aceso ás TICs como algo doado, ameno e que á vez lles resulte proveitoso na súa vida diaria.
- Seguimento e cumprimento dos obxectivos e procedementos da nova Rede CeMIT.
- Ser enlace entre o Centro e a cidadanía persoas e asociacións cidadás do municipio, e responsable de conseguir a inclusión e participación na Sociedade da Información da cidadanía.
- Colaboración na aportación de novas ideas que contribúan á mellora do funcionamento, desenvolvemento e impacto no seu concello da nova Rede CeMIT.
- Tratar de acadar que o CeMIT sexa un punto de referencia na vida sociocultural do Concello - Estender o coñecemento e uso pola cidadanía dos servizos públicos dixitais das Administracións Públicas Galegas.
Todo isto conforme o disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei 2/2015 de emprego público de Galicia e demais normas concordantes de aplicación.
As bases íntegras publicaranse no BOP de Lugo, na sede electrónica https burela.sedelectronica.es e no taboleiro de anuncios do Concello e estarán a disposición dos /das interesados no Rexistro Xeral do Concello.
2.- DURACIÓN E TIPO DE CONTRATO.

O horario de traballo establecerase en función das necesidades do servizo.
O/a aspirante seleccionado/a e contratado/a percibirá as retribucións establecidas no Convenio colectivo aplicable ao persoal laboral do Concello de Burela co seguinte desglose bruto mensual: salario grupo A2 salario 1017,79 €; complemento de destino nivel 18 419,02 €; complemento específico: 67,20 €; parte proporcional de paga extra 204,75 €.
3.- REQUISITOS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
Para ser admitidos/as á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
aTer nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD
Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c Estar en posesión do titulo de enxeñeiro técnico ou grao de calquera especialidade de Informática ou titulo equivalente ou superior na citada especialidade, ou ben estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
No caso de alegar equivalencias de títulos achegarase o certificado ao efecto da Consellería de Educación ou organismo competente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán ter o documento que acredite fidefignamente a súa homologación.
d Estar en posesión do documento que acredite ter superado o Celga 4 ou curso de perfeccionamento de galego ou títulos expedidos pola Escola Oficial de Idiomas.
e Acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo.
f Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera a das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.
No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

Anuncio publicado en: Num BOP 62 año 2019 14/03/2019 13:19:24
15/03/2019 08:00:00

A natureza do contrato será laboral temporal na modalidade de contrato de duración determinada por obra ou servizo a tempo completo e a súa duración estenderase dende o 15 de maio ata o 30 de novembro de 2019.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha15/03/2019

Nro. de páginas16

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31