Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 6 DE MARZO DE 2019

N.º 054

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE INNOVACIÓN, PARTICIPACIÓN CIDADÁ, MOCIDADE E DEPORTES
Anuncio BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON
COMPETITIVA, A CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE LUGO QUE PARTICIPAN EN LIGAS OU
CAMPIONATOS OFICIAIS FEDERADOS POR EQUIPOS DE 1 OU 2 CATEGORÍA ABSOLUTA ESTATAL, PARA
OS GASTOS DE TEMPORADA 2018-2019.
As iniciativas de promoción e fomento do deporte teñen na concesión de subvencións ás entidades deportivas unha das accións principais e máis eficaces manifestacións. Estas actuacións, realizadas conforme a baremos públicos e obxectivos, véñense realizando nos últimos anos, de forma que as entidades deportivas poidan acometer as actividades obxecto de subvención da forma máis operativa, co obxectivo de intentar garantir a promoción e fomento deportivo por parte da Deputación de Lugo, apostando polo impulso do crecemento e o fortalecemento da actividade deportivo-competitiva.

Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos da provincia de Lugo que participan en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1 ou 2 categoría absoluta estatal, para os gastos de temporada 2018-2019. A elección deste procedemento vén motivada pola propia natureza das subvencións, xa que a súa condición unicamente a determina o cumprimento por parte das entidades solicitantes dos requisitos establecidos na convocatoria, tendo en conta que quedan determinadas as disciplinas e modalidades incluídas e que se vinculan á súa participación en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1 ou 2 categoría absoluta estatal enténdase o primeiro e segundo nivel de categoría da respectiva disciplina, independentemente da súa denominación.
1.1. As subvencións desta convocatoria teñen por finalidade o fomento e a promoción do deporte lucense no seu ámbito deportivo-competitivo.
1.2. Será obxecto deste procedemento de subvencións financiar os gastos de temporada 2018-2019 dos clubs deportivos da provincia de Lugo que participan en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1 ou 2 categoría absoluta estatal enténdase expresamente o primeiro e segundo nivel de categoría da respectiva disciplina, independentemente da súa denominación, de como mínimo 15 xornadas de competición regular oficial e nas seguintes disciplinas deportivas e modalidades deportivas:

Fútbol

Fútbol sala

Baloncesto

Voleibol
1.3. Estas subvencións outórganse polo procedemento de concorrencia non competitiva, consonte ao disposto no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galiza, entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas. Os beneficiarios virán determinados automaticamente por cumpriren os requisitos establecidos para teren a condición de beneficiario consonte á base segunda da presente convocatoria.
Réxime da convocatoria:
As subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva a clubs deportivos da provincia de Lugo que participan en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1 ou 2 categoría absoluta estatal, para os gastos de temporada 2018-2019, teñen por obxecto a cobertura de custos código obxecto 3, articularanse na modalidade subvención código instrumento axuda SUBV sen contraprestación en réxime de concorrencia non competitiva, sendo esta un tipo de subvención non cualificable como axuda de Estado a empresa código tipo de subvención 1, encadrada dentro do sector económico das actividades deportivas cunha finalidade de
Anuncio publicado en: Num BOP 54 año 2019 04/03/2019 14:04:15
06/03/2019 08:00:00

1.- OBXECTO E RÉXIME DAS SUBVENCIÓNS

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha06/03/2019

Nro. de páginas68

Nro. de ediciones3288

Primera edición01/03/2013

Ultima edición27/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31