Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 09 DE MARZO DE 2019

N.º 057

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE INNOVACIÓN, PARTICIPACIÓN CIDADÁ, MOCIDADE E DEPORTES
Anuncio BASES DA CONVOCATORIA DA ÁREA DE INNOVACIÓN, PARTICIPACIÓN CIDADÁ, MOCIDADE E DEPORTES
DA DEPUTACIÓN DE LUGO QUE REXERÁN A CONCESIÓN DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA
PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2019.
Para impulsar a práctica deportiva, a Presidencia da Deputación, a través da Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes, convoca bolsas para a promoción e difusión do deporte, sendo consciente das dificultades dos e das deportistas lucenses de modalidades individuais, -especialmente nas etapas de iniciaciónpara progresaren na súa formación integral.
Nesa perspectiva é na que se insire o presente programa de bolsas a deportistas individuais, de conformidade co disposto na Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/07, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na Ordenanza Xeral de Subvención da Deputación de Lugo.

Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de bolsas para deportistas individuais da provincia de Lugo, anualidade 2019, de modalidades deportivas de carácter individual, excluíndose, por tanto, os/as practicantes de disciplinas e modalidades de deportes de equipo, dobres, parellas ou grupo. Por exemplo, 4x100, ximnasia en probas colectivas, dobres en deportes de raqueta, modalidades de máis de 1 tripulante de piragismo, vela, remo, pádel, volei praia, etc. Quedan expresamente excluídas as xornadas de control, copas, opens, ligas locais, comarcais, provinciais, etc, competicións escolares, probas populares, benéficas, e calquera outra análoga ás anteriores.
Quedan así mesmo expresamente excluídos desta convocatoria os/as deportistas individuais da disciplina automobilismo, especialidade rally en calquera das súas categoría e modalidades.
RÉXIME DA CONVOCATORIA
As bolsas para deportistas individuais da provincia de Lugo na anualidade 2019, teñen por obxecto a cobertura de custos código obxecto 3, articularanse na modalidade bolsas código instrumento axuda SUBV sen contraprestación en réxime de concorrencia competitiva, sendo esta un tipo de subvención non cualificable como axuda de Estado a empresa código tipo de subvención 1, encadrada dentro do sector económico das actividades deportivas código sector económico 93.1 cunha finalidade de promoción deportiva código finalidade 18, prevendo unha diminución ou eliminación das desigualdades detectadas e contribuíndo aos obxectivos das políticas de igualdade código do impacto de xénero 3.
Pódese consultar a Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo na web desta entidade local, en concreto na seguinte dirección:
http run.gob.es/owqlth SEGUNDO.- DESTINATARIOS
Poderán ser beneficiarios das bolsas da presente convocatoria as persoas físicas que sexan deportistas federados, de calquera categoría, e exclusivamente de modalidades deportivas individuais excluíndose, por tanto os/as practicantes de disciplinas e modalidades de deportes de equipo, dobres, parellas ou grupo de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran cos seguintes requisitos:
A. REQUISITOS PERSOAIS
1. Ter residencia en calquera dos municipios da provincia de Lugo, e por tanto, estar empadroado/a nalgún municipio da provincia de Lugo, dentro do prazo de presentación de solicitudes e como mínimo con alta no respectivo padrón a data 1/01/2018.
2. Posuír ficha federativa durante o ano 2018 e manter na data de presentación de solicitudes ficha federativa oficial, na disciplina e/ou modalidade para a que solicita a bolsa.

Anuncio publicado en: Num BOP 57 año 2019 08/03/2019 08:27:32
09/03/2019 08:00:00

PRIMEIRO.- OBXECTO

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha09/03/2019

Nro. de páginas28

Nro. de ediciones3286

Primera edición01/03/2013

Ultima edición25/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31