Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 04 DE MARZO DE 2019

N.º 053

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADACIÓN
Anuncio ANUNCIO
DELEGACIÓN DO CONCELLO DE NEGUEIRA DE MUÑIZ NA DEPUTACIÓN DE LUGO DE COMPETENCIAS EN
MATERIA DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADACIÓN.
A Deputación de Lugo no Pleno que tivo lugar o día 27 de novembro de 2007 adoptou o acordo polo que aproba a "Proposta de Reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión,inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, e que foi modificado polos acordos de 28 de outubro de 2008, 29 de decembro de 2015 e 30 de outubro de 2018.

REFORMA DAS BASES QUE REXEN A ACEPTACIÓN E ASUNCIÓN, POR DELEGACIÓN EXPRESA, DE
COMPETENCIAS EN MATERIA DE XESTIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN EN RELACIÓN A TRIBUTOS, PREZOS
PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO.
BASE PRIMEIRA. - Obxecto da delegación A Excma. Deputación Provincial de Lugo de conformidade co disposto no art. 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e o art. 7 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, asume, por delegación expresa dos concellos da Provincia, as competencias que se concretan nas bases seguintes, en relación aos tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público.
BASE SEGUNDARéxime Xurídico Para o exercicio das competencias delegadas, a Deputación Provincial aterase ao disposto nas presentes bases, ao ordenamento xurídico local e demais lexislación aplicable de conformidade coa normativa reguladora das facendas locais, así como normativa en materia de xestión, inspección e recadación que puidese ditar a Excma.
Deputación Provincial de Lugo, en uso da potestade regulamentaria prevista no art. 106.2 da Lei 7/1985 do 2 de abril.
A Deputación Provincial, segundo o réxime de competencias dos seus órganos, poderá ditar disposicións sobre interpretación ou aplicación da normativa anterior, e aprobar os períodos de pagamento de cada un dos tributos.
BASE TERCEIRA. - Contido e alcance da delegación Os concellos que desexen delegar na Deputación Provincial competencias nesta materia farano, co seguinte contido:
-Todas as competencias que os concellos teñan atribuídas en materia de xestión, inspección e recadación, tanto en período voluntario coma en período executivo, reguladas no vixente texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, xa estean atribuídas, directamente, pola propia norma, ou sexan asumibles en virtude dos convenios de delegación ou acordos de colaboración que a Deputación Provincial puidese celebrar con calquera das Administracións públicas, dos seguintes impostos:
1- Imposto sobre Bens Inmobles 2- Imposto sobre Actividades Económicas 3- Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica Os concellos, a maiores, poderán delegar as seguintes competencias, sempre que a Deputación Provincial dispoña dos medios personais e materiais necesarios para asumilas, que aceptará unha vez incorporados os medios citados.

Anuncio publicado en: Num BOP 53 año 2019 01/03/2019 10:08:25
04/03/2019 08:00:00

As redacción das Bases é a seguinte:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha04/03/2019

Nro. de páginas25

Nro. de ediciones3288

Primera edición01/03/2013

Ultima edición27/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31