Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 60 mércores, 13 de marzo de 2019

1 seccionador de liña tripolar con cuchillas de posta a terra.

3 autoválvulas de protección.

3 transformadores de tensión de liña inductivos.

BOP de Lugo
2 illadores soporte para embarrado secundario.

Instálase tamén un armario de mando, control e protección para a nova posición de liña de 132kV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na Rolda da Muralla nº. 70 baixo 2- Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
A xefa territorial, Pilar Fernández López R. 0673

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Anuncio CONVENIOS COLECTIVOS

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 1 de marzo de 2019 .- A xefa territorial, Pilar Fernández López CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL PARA A INDUSTRIA DE EBANISTERIA E AFINS DA PROVINCIA DE LUGO
CAPÍTULO I.- EXTENSIÓN E ÁMBITO DO CONVENIO
ARTIGO 1º.- ÁMBITO DE APLICACIÓN: O presente Convenio será de aplicación a tódalas empresas da provincia de Lugo, establecidas ou que se establezan no futuro, que rexéndose polo IV Convenio Colectivo Estatal para as Industrias da Madeira publicado no BOE de 27 de novembro de 2012 e tendo os seus centros de traballo na provincia, teñan o seu servicio traballadores encadrados nas actividades de ebanistería, mobles curvados, fábricas de mobles en serie, carpintería e carpintería mecánica, envases e embalaxes, brochas, cepillos, pinceis e vasoiras, almacéns de madeira e tapicerías, fábricas de cadaleitos, carpintería de ribeira e demais actividades de 2 transformación da madeira previstas no Anexo I do IV Convenio Colectivo Estatal para as Industrias da Madeira. As condicións pactadas neste convenio teñen o carácter de mínimas obrigadas.
ARTIGO 2º.- VIXENCIA E DURACIÓN: O presente Convenio terá vixencia dende o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31
de decembro de 2021, con independencia da data de publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
ARTIGO 3º.- CONDICIÓNS MÁS BENEFICIOSAS: Os traballadores que anteriormente a este Convenio viñeran gozando de mellores condicións cás aquí pactadas, poderán acollerse ás mesmas, séndolles respectadas para tódolos efectos.
ARTIGO 4º.- DENUNCIA: A denuncia do Convenio deberá presentarse cunha antelación mínima de 30 días á data de finalización do Convenio por calquera das partes. Denunciado o Convenio e unha vez rematada a duración pactada, o Convenio quedará prorrogado no seu conxunto por termo de como máximo catro anualidades.
A ausencia de denuncia deste Convenio, significará, en todo caso, a prórroga do mesmo por un ano, en iguais termos, salvo no referente a táboa salarial que se verá incrementada en igual contía ao IPC anual.
CAPÍTULO II.- COMISIÓN MIXTA PARITARIA
ARTIGO 5º.- COMISIÓN MIXTA PARITARIA: A comisión paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixiancia do convenio e as súas funcións específicas serán as seguintes:
1. Interpretación auténtica do convenio.
2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidas por ambas partes, de común acordo en asuntos derivados deste convenio.

Anuncio publicado en: Num BOP 60 año 2019 12/03/2019 10:15:34
13/03/2019 08:00:00

Visto o texto do Convenio Colectivo de Ebanistería da Provincia de Lugo, Código número 27000245011982
asinado o día 4 de febreiro de 2019, pola representación patronal e das centrais sindicais U.G.T., CC.OO. e C.I.G., como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha13/03/2019

Nro. de páginas23

Nro. de ediciones3288

Primera edición01/03/2013

Ultima edición27/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31