Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 54 mércores, 6 de marzo de 2019

BOP de Lugo
b Cumprir o obxectivo, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
c Acreditar ante a Excma. Deputación Provincial a realización da actuación ou a adopción do comportamento, así como o cumprimento dos requisitos e condicións que determinen a concesión ou goce da subvención.
d Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará a Excma. Deputación Provincial, así como calquera outras de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
e Comunicar á Deputación Provincial a obtención de subvencións/axudas ou patrocinios sen achega económica para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administracións ou Entes Públicos ou privados, nacionais ou internacionais. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
f Acreditar que se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias Axencia Tributaria Estatal, Facenda autonómica e Servizo de Recadación Provincial ou fronte á Seguridade Social.
g Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h Comunicar, no seu caso, a solicitude de declaración de concurso voluntario, de declaración de insolvente en calquera procedemento, e declaración en concurso, e no seu caso da sentenza de eficacia dun convenio, ou se estiver suxeito a intervención xudicial ou fose inhabilitado conforme á Lei 22/2003, de 9 de xullo, concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

j Comprometerse a incluír a imaxe corporativa da área de Deportes da Excma. Deputación Provincial e de acordo co establecido no artigo 7, apartados 3 e 4, da Ordenanza de Uso da Lingua Galega da Deputación de Lugo, publicada no BOP de Lugo número 212, de data 14 de setembro de 2016, o beneficiario desta subvención deberá cumprir o requisito de facer en galego, en calquera soporte, as campañas publicitarias e de promoción de actividades cursos, xornadas, conferencias, festas, espectáculos, actividades deportivas, festivais, campionatos, etc., incluídas desta subvención. A imaxe será cedida pola Institución Provincial.
k.- Os beneficiarios comprométense coa utilización nas publicacións, nos carteis, na publicidade e en toda produción escrita e en todos aqueles soportes de imaxe ou de audio que ao uso as entidades utilicen para publicitar a actividade ou adquirir o comportamento subvencionado, dunha linguaxe non sexista e inclusiva, así como o uso de imaxes publicitarias que en ningún caso vulneren a dignidade da muller.
l Os beneficiarios comprométense a colaborar, coa precisa previa planificación, nas actividades de fomento do deporte de base programadas pola Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deporte e, especialmente, mediante a participación dos xogadores/as, adestradores e equipo técnico nas actividades, cursos, conferencias ou clínics dirixidos a deportistas de base e á comunidade educativa, naquelas campañas ou actos que a Área puidese deseñar e desenvolver no campo da igualdade de xénero e de promoción do deporte entre colectivos de capacidades diferentes.
m Non desenvolver dentro da actividade subvencionada, actuacións que inclúan tácita ou implicitamente contidos ou publicidade sexista e que se poidan considerar discriminatorias, vexatorias ou que xustifiquen, banalicen ou inciten á desigualdade de xéneros ou á violencia de xénero, de acordo coa lexislación vixente en materia de igualdade entre homes e mulleres e de protección contra a violencia de xénero.
n Establécese que, cando menos o 5% do custo total da actividade subvencionada, deberá ser financiado con recursos propios da entidade beneficiaria.
ñ A colocación no lugar de competición como local e en lugar visible estadio, cancha, etc da imaxe corporativa da Deputación Provincial de Lugo, nos distintos soportes utilizados na realización da actividade ou comportamento.
o Lucir, no seu caso, na indumentaria, de acordo coa normativa reguladora da respectiva competición, a imaxe institucional da Deputación de Lugo.
En todo caso, aqueles clubs que, por razóns debidamente acreditadas a xuízo da Deputación de Lugo, non poidan cumprir as obrigas previstas neste dous últimos puntos, deberán comunicalo canto antes, achegando alternativas que permitan satisfacer as necesidades de difusión. Nestes casos, a Deputación de Lugo, decidirá motivadamente a autorización ou non das alternativas propostas.
O abandono ou expulsión dun club deportivo da competición na que estea inscrito antes da finalización da temporada deportiva, calquera que sexa a razón, dará lugar ao reintegro da totalidade das contías percibidas e a esixencia do xuro de mora correspondente dende o momento do pagamento da achega ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro, ou a data na que o debedor ingrese o reintegro se é anterior a esta, de conformidade con canto se establece no artigo 16 da Ordenanza Xeral de subvencións desta Deputación, no artigo 34.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións e no artigo31.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de Subvencións de Galicia.

Anuncio publicado en: Num BOP 54 año 2019 04/03/2019 14:04:15
06/03/2019 08:00:00

i Identificar convenientemente, para os efectos de difusión pública, as actuacións que se realicen.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha06/03/2019

Nro. de páginas68

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31