Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 54 mércores, 6 de marzo de 2019

BOP de Lugo
promoción deportiva código finalidade 93.1, prevendo unha diminución ou eliminación das desigualdades detectadas e contribuíndo aos obxectivos das políticas de igualdade código do impacto de xénero 3.
Os datos do parágrafo anterior refírense á información para a Base de Datos Nacional de Subvencións.
Pódese consultar a Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo na web desta entidade local, en concreto na seguinte dirección:
http www.deputacionlugo.gal/gl/a-deputacion/normativas-e-ordenanzas 2. REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS
As entidades beneficiarias perceptoras da subvención terán os dereitos e obrigas, de conformidade co sinalado no artigo 5, da Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación Provincial de Lugo.
Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos da provincia de Lugo que teñan a súa sede e domicilio social na provincia de Lugo e participen en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1
ou 2 categoría absoluta estatal enténdase expresamente o primeiro e segundo nivel de categoría da respectiva disciplina, independentemente da súa denominación, na modalidade para a que solicitan a subvención e dentro das disciplinas indicadas no punto 1.2 da presente convocatoria e que no momento da convocatoria o soliciten de acordo co establecido na presente convocatoria, tendo a consideración de beneficiario da subvención a entidade destinataria dos fondos públicos para a actividade ou acción que dentro da finalidade destas bases, se atope na situación que lexitima a súa concesión. Quedan expresamente excluídas, por tanto, deste procedemento as sociedades anónimas deportivas.
Non poderán obter a condición de beneficiarios destas subvencións os clubs deportivos nos que concorra algunha das circunstancias sinaladas no punto 2º do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e en consecuencia, non poderán obter a condición de beneficiario das subvencións, quen concorra nalgunha das seguintes circunstancias:

b Que solicitase a declaración de concurso voluntario, fose declarado insolvente en calquera procedemento, que se atope declarado en concurso, agás que este adquirise a eficacia dun convenio, estiver suxeito a intervención xudicial ou fose inhabilitado conforme á Lei 22/2003, de 9 de xullo, concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c Que dese lugar, por causa da que fosen declarados culpables, á resolución firme de calquera contrato celebrado coa Administración.
d Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que desempeñen a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos da Lei 5 /2006 de 10 de abril, de regulación dos conflitos de intereses dos membros do Goberno e dos altos cargos da Administración Xeral do Estado, da Lei 53/ 1984 de 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao Servizo das Administracións Públicas, ou por se tratar de calquera dos cargos electivos regulados na Lei Orgánica 5/1985 de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral nos termos establecidos nesta na normativa autonómica que regule estas materias.
e Non estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte a Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, na forma que se determine regulamentariamente.
f Ter residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g Non estar ao corrente do pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
h Que fose sancionado mediante resolución firme coa perda de obter subvencións conforme a esta ou a outras leis que así o establezan.
i Non poderán acceder á condición de beneficiarios as agrupacións previstas no segundo parágrafo do apartado 3 do artigo 11 desta Lei cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
j As prohibicións de obter subvencións afectarán tamén a aquelas empresas das que, por razón das persoas que as rexen ou doutras circunstancias, poida presumirse que son continuación ou que derivan, por transformación, fusión ou sucesión, doutras empresas nas que concorresen aquelas.
k Atoparse nalgún dos supostos que impidan a obtención da condición de beneficiario sinalados no apartado 3
do artigo 13. da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e no artigo 10 da Lei 9//2007, do 13 de xuño de Subvencións de Galicia.
2.1 Obrigas dos beneficiarios a Aceptar a subvención. No caso de que os beneficiarios non comuniquen a renuncia á Excma. Deputación Provincial, no prazo máximo de quince días, a partir da notificación do outorgamento, entenderase que a subvención é aceptada.

Anuncio publicado en: Num BOP 54 año 2019 04/03/2019 14:04:15
06/03/2019 08:00:00

a Que fose condenado mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha06/03/2019

Nro. de páginas68

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31