Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 52 sábado, 2 de marzo de 2019

BOP de Lugo
Fomento do Emprego, Programa Depuemprego.
Aforro e eficiencia enerxética.
Comunidades veciñais, sen prexuízo de eventuais liñas para o tecido asociativo e de agrupacións da sociedade civil.
Administración electrónica e protección de datos.
Protección civil.
Axudas para actuacións/eventos turísticos, festas, feiras, mercados, etc.
C.- OBXECTO
Para acadar estas finalidades, os concellos poderán solicitar a aplicación dos fondos provinciais asignados aos seguintes programas:
C.1 - PROGRAMA DE INVESTIMENTOS
O concello deberá destinar a achega da Deputación ao financiamento de investimentos de competencia municipal, de acordo cos seguintes criterios:
Cada municipio deberá destinar a investimentos, como mínimo, o 50 por 100 do importe total que teña atribuído neste Plan.
No Plan Único pódense incluír todas as obras e/ou subministracións que sexan de competencia municipal, con preferencia das asociadas aos servizos mínimos obrigatorios, de acordo co establecido nos citados artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Con cargo ao Plan Único non se poderá financiar gasto corrente, agás os destinados aos programas SAF, Fomento do Emprego, actividades culturais e deportivas, administración electrónica e protección de datos, protección civil e a celebración de actuacións/eventos turísticos, feiras, mercados e análogos, nos termos establecidos nestas bases.
Poderán ser incluídos, con cargo ao Plan único 2019, investimentos cuxo procedemento de licitación se inicie antes da aprobación do Plan. Se ben, non poderán incluírse investimentos licitados con anterioridade ao 01/01/2019. Neste senso a disposición adicional terceira .2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro indica se podrán tramitar anticipadamente los contratos cuya ejecución material haya de comenzar en el ejercicio siguiente o aquellas cuya financiación dependa de un préstamo, un crédito o unha subvención solicitada a otra enditad pública o privada, sometiendo la adjudicación a la condición suspensiva de la efectiva consolidación de los recursos que han de financiar el contrato correspondiente No caso de ser incluídos honorarios facultativos de redacción de proxectos ou outros documentos técnicos necesarios, estes poderán ser adxudicados ou encargado a súa execución nestos mesmos prazos.
C.2.-PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR
Esta liña, integrase nas prioridades do orzamento Provincial, conforma unha acción específica do Estado Social, cumpre co establecido no artigo 31 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, e posteriores modificacións, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento e nos artigos 25, 52, 54, 63 e concordantes da Lei 13/2008, de 3 de decembro de servizos socias de Galicia.
Cada concello vén obrigado a destinar ao financiamento do servicio de axuda no fogar, como mínimo, unha contía igual ao importe da aportación finalmente efectuada pola Deputación provincial en 2016, con cargo ao convenio de colaboración asinado coa Deputación para esta finalidade, agás que na anualidade de 2017 este financiamento fose inferior, tendo en conta a xustificación dos concellos, en cuxo caso se utilizara esta última contía.
A cantidade determinada como mínima poderá ser incrementada polos concellos con cargo aos fondos do Plan Único, respectando as contías establecidos para os outros programas.
C.3.-PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO
Destinado á contratación ou nomeamento de persoal para a execución de obras e servicios mínimos obrigatorios de competencia municipal, de interese xeral e social, de conformidade coa normativa aplicable, sempre que se cumpran cos requisitos establecidos nestas bases.
Neste programa non se fixa contía obrigatoria. En exercicio da autonomía municipal o Concello poderá decidir os importes que adica a este programa, respectando os límites establecidos para investimentos e SAF.

Anuncio publicado en: Num BOP 52 año 2019 01/03/2019 12:48:44
02/03/2019 08:00:00

Os custes de redacción de proxectos, prescricións técnicas e outros estudos ou documentos técnicos necesarios para executar os investimentos incluídos, ao igual que os gastos derivados da dirección, en cada caso requirida, para a súa execución, poden ser financiados con cargo aos fondos deste plan.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha02/03/2019

Nro. de páginas58

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31