Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 52 sábado, 2 de marzo de 2019

BOP de Lugo
non executada na conta da Deputación: ES04-2080-0163-8531-1000-0423, practicada a liquidación de xuros de mora correspondentes. De non cumprirse esta obrigación, procederá o reintegro da cantidade percibida e non executada, e a esixencia dos xuros de mora correspondente dende o momento daquel pagamento ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro.
3.- FINALIDADE E OBXECTO
O artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, establece que é competencia propia das deputacións provinciais a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica aos concellos, especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión, e que para estes efectos a Deputación aproba anualmente un Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal en cuxa elaboración deben participar os concellos da provincia.
A.- FINALIDADE
Co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019, a Deputación provincial trata de dar resposta ás situacións e necesidades concretas de cada concello, reforzando a súa autonomía e responsabilidade en que e como gastar mediante a ampliación e flexibilización do seu obxecto, que pasa a ser múltiple, facilitando tamén a planificación da actividade dos respectivos gobernos municipais.

Xunto co anterior, preténdese unha racionalización, simplificación e redución dos instrumentos de colaboración cos municipios que se viñan desenvolvendo mediante liñas de subvención ou achegas, de tal maneira que a colaboración financeira da Deputación cos concellos queda concentrada neste Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos.
De conformidade coa Disposición Adicional oitava da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de Subvencións, na redacción vixente, as Subvencións que integran o programa de cooperación económica do Estado aos investimentos das autoridades locais, do mesmo xeito que as subvencións que integran plans ou instrumentos semellantes que teñan por obxecto levar a cabo funcións de apoio e cooperación municipal réxense pola súa normativa específica, resultando da aplicación supletoria as disposicións da presente lei. Xa que logo resulta de aplicación supletoria a lexislación de subvencións, nomeadamente na xustificación e no seu caso reintegro.
O procedemento de resolución destas axudas é o de réxime de concorrencia.
As axudas serán compatibles con outras para a mesma finalidade, tendo en conta que o importe da achega en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, supere o custo da finalidade subvencionada, de acordo co previsto no artigo 19.3 da LXS.
Para estes efectos, e en conformidade co disposto no artigo 14.1.d da Lei xeral de Subvencións e no artigo 33 do seu Regulamento, unha das obrigas do beneficiario é a de comunicarlle á Deputación a obtención doutras axudas que financien as finalidades incluídas neste Plan.
B.- LIÑAS DE AXUDAS EN REXIME DE CONCORRENCIA AOS CONCELLOS QUE SE INCORPORAN AO PLAN
ÚNICO
Para cumprir coa finalidade de garantir a autonomía municipal, de forma que cada Goberno municipal decida e responda da súa decisión diante da veciñanza, suprímense diversas liñas de subvencións e achegas finalistas, destinando eses recursos orzamentarios ao financiamento do Plan Provincial Único.
As liñas de axudas en concorrencia, desta Deputación, que se suprimen son as que de seguido se indican, polo que é importante salientar que para que estas actividades e investimentos continúen realizándose, os concellos no exercicio da súa autonomía, poderán consignar nos seus orzamentos a cantidade que estimen, empregando as fontes de financiamento que consideren.
Actividades culturais.
Investimentos e equipamentos culturais.
Actividades deportivas.
Investimentos e equipamentos deportivos.
Actividades turísticas.
Investimentos en Turismo.
Desenvolvemento Servizos Sociais: SAF .

Anuncio publicado en: Num BOP 52 año 2019 01/03/2019 12:48:44
02/03/2019 08:00:00

O Pan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019 supón unha continuidade da profunda reformulación levada a cabo no exercicio 2017, no que atinxe aos instrumentos de cooperación cos municipios, na medida en que a mesma pasa a concentrarse, basicamente, nun Plan Provincial Único que se distribúe territorialmente con criterios obxectivos, reducindo drasticamente a discrecionalidade na asignación dos fondos provinciais, perfeccionando as políticas de equidade, obxectividade e transparencia nas accións de cooperación cos concellos, sen prexuízo de escoitar e atender necesidades concretas e finalidades comúns por outros sistemas como os convenios de cooperación.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha02/03/2019

Nro. de páginas58

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31