Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 123 sábado, 30 de maio de 2020

BOP Lugo
Anuncio CONVENIOS COLECTIVOS
Visto o acordo de revisión salarial e días inhábiles para o ano 2020 do Convenio Colectivo Provincial para a Industria de Ebanistería e afíns de Lugo, Código número 27000245011982 asinado o día 3 de marzo de 2020, pola representación patronal e das centrais sindicais U.G.T., CC.OO. e C.I.G., e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo, ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 12 de maio de 2020.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
ACTA DE ACORDO
CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL PARA A INDUSTRIA DE EBANISTERÍA E AFÍNS DE LUGO
ASISTENTES
Pola Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería de Lugo PATRICIA LÓPEZ LÓPEZ DNI 33996961V
MANUEL LÓPEZ INSUA DNI 76530708W

Polas Centrais Sindicais UGT 53,85%
CARLOS GARCÍA VAZQUEZ DNI 11922182V
ELADIO QUELLE BARRO DNI 33830976T
CC.OO. 30,77%
JOSE MANUEL BREA MÉNDEZ DNI 33851807Q
RICARDO ÓSCAR SANTOS REIRIZ DNI 52459796Q
CIG
ALFONSO LOSADA RODRÍGUEZ DNI 76578117P
En Lugo, sendo as 17.00 horas do día 3 de marzo de 2020, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo Pz. Santo Domingo, nº. 6-8, 2º as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo Provincial para a Industria de Ebanistería e Afíns de Lugo.
Logo dos debates oportunos, adóptanse os seguintes ACORDOS:
Primeiro.- Aprobar as táboas salariais para o ano 2020 do Convenio Colectivo Provincial para a Industria de Ebanistería e Afíns de Lugo de conformidade co previsto no artigo 10 do Convenio en vigor, para o que as partes contan coa capacidade legal necesaria e suficiente, segundo se acredita coa Acta de Constitución da Comisión Negociadora.
Segundo.- O importe do plus de especial cualificación previsto no artigo 32 do Convenio en vigor para o ano 2020 será de 647,04 euros anuales, a cobrar en doce mensualidades a razón de 53,92 euros mensuais.
Terceiro.- De conformidade co previsto no artigo 7 do Convenio Colectivo Provincial para a Industria de Ebanistería e Afíns de Lugo, para os supostos nos que tivera lugar no exercicio 2020 un exceso sobre a xornada anual de traballo de 1.752 horas, cada traballador/a disfrutará como días inhábiles ou non laborables e retribuidos os seguintes, nos termos indicados no texto do Convenio:

20 de marzo de 2020

4 de maio de 2020

24 de xullo de 2020

14 de agosto de 2020

Anuncio publicado en: Num BOP 123 año 2020 30/05/2020
29/05/2020 08:00:00
09:38:55

MARIO CARBALLO LAMA DNI 33316746G

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/05/2020

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions