Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

26

Núm. 123 sábado, 30 de maio de 2020

BOP Lugo
A Fonsagrada, 19 de maio de 2020.- O Alcalde da Corporación, Carlos López López.
R. 0927

FRIOL
Anuncio Polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 28 de maio de 2020, prestouse aprobación ao expediente de modificación de créditos número 2/2020, primeiro de competencia do Pleno, para transferencias de crédito, dentro do vixente orzamento municipal, e por un importe de douscentos vintesete mil novecentos noventa e oito euros con sesenta e dous céntimos de euro 227.998,62 €.
Modifícase o Anexo de inversións do vixente Orzamento.
Cumprindo o disposto no artigo 177.2 en relación co 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, co fin de que durante o mesmo que se contará a partir do seguinte ao da inserción do Edicto no Boletín Oficial da Provincia poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, que se deberán dirixir ao Alcalde-Presidente do Concello.
Friol, 28 de maio de 2020.- O Alcalde, José Ángel Santos Sánchez R. 0969

Anuncio Ós efectos do disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, ponse en coñecemento xeral que na Secretaría desta entidade atópase exposta ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2019, xunto co informe da Comisión Especial de Contas, por prazo de quince días, durante os cales e oito máis os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que, examinados pola Comisión Especial de Contas e practicadas pola devandita cantas comprobacións estime necesarias, emitirá novo informe e someterase ao Pleno da Corporación para a súa aprobación, sen prexuízo do seu sometemento á fiscalización externa do Consello de Contas e do Tribunal de Cuentas.
A Pontenova, 28 de maio do 2020.- O Alcalde, Darío Campos Conde.
R. 0970

Anuncio LISTAXE DE CONTRIBUÍNTES POR APLICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO
POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR SAF DE ABRIL 2020.
Por Resolución de alcaldía de data quince de maio de 2020 , resólvese prestar aprobación da devandita listaxe que estará exposta nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas; durante o prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo, para os efectos de que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes,entendéndose defintivamente aprobada se transcurrido o devandito prazo non se formularan suxestións contra ésta.
Contra as liquidacións comprendidas na listaxe de contribuíntes poderase formular recurso de reposición, anterior o contencioso-administrativo, perante a alcaldía no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da finalización da exposición pública da listaxe.Así mesmo, acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte detalle:
APrazo de ingreso en período voluntario do prezo público do Servizo de Axuda no Fogar : dende o 15 de xuño de 2020 ao 15 de de agosto de 2020, ámbolos dous inclusive.
B Os recibos, non domiciliados, poderanse facer efectivos na conta bancaria ES78-2080-0137-41-3110000025
que este Concello ten aberta na oficina de ABANCA, sucursal de A Pontenova.

Anuncio publicado en: Num BOP 123 año 2020 30/05/2020
29/05/2020 08:00:00
09:38:55

A PONTENOVA

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/05/2020

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions