Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 121 xoves, 28 de maio de 2020

BOP Lugo
SARRIA
Anuncio Por acordo do Pleno de data 5 de maio 2020, aprobouse definitivamente o Regulamento Orgánico de funcionamento do Pleno do Concello de Sarria Expediente 1867/2019 o que se publica aos efectos dos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
REGULAMENTO ORGÁNICO DE FUNCIONAMENTO DO PLENO DO CONCELLO DE SARRIA
Artigo 1. Os preceptos deste Regulamento aplicaranse preferentemente sempre que non vaian en contra de disposicións de rango legal que sexan de obrigado cumprimento, tendo en conta que a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, ten carácter básico, e, igualmente, os artigos 1, 2, 3.2, 18, 22, inciso primeiro, 25, 26, 34, 48, 49, 50, 52, 54, 56, 57, 58, 59, 69 e 71 do Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local aprobado por Real Decreto 781/1986, de 18 de abril.
Artigo 2. As sesións do Pleno poden ser de tres tipos:
- Ordinarias - Extraordinarias - Extraordinarias, de carácter urxente.
O galego, lingua de Galicia, é a do Pleno do Concello de Sarria. As convocatorias, ordes do día, mocións, propostas de acordo, ditames, emendas, actas, notificacións, recursos, comparecencias e todos os actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito no nome do Pleno redactaranse en lingua galega, excepto aqueles que deban producir efectos fóra da nosa Comunidade Autónoma.

Artigo 4. As sesións extraordinarias serán convocadas cando así o decida o Alcalde ou o solicite a cuarta parte, polo menos, do número legal dos membros da corporación. Neste último caso, a súa celebración non poderá demorarse por máis de 15 días hábiles desde que fose solicitada.
Toda petición de convocatoria de sesión extraordinaria por membros da Corporación realizarase por escrito, e será presentada no Rexistro, asinada polo menos pola cuarta parte dos membros da Corporación; haberá de ser motivada e conterá, debidamente titulados, os asuntos que se pretenda tratar, deberán de ser concretos e de competencia do Pleno, coas correspondentes proposicións de acordo.
No caso de solicitude de Pleno Extraordinario pola cuarta parte dos membros da Corporación, se a Alcaldía non convocase o Pleno solicitado, quedará convocado automaticamente para o décimo día hábil seguinte ao de finalización do prazo sinalado no artigo anterior, ás doce horas.
O Secretario da Corporación notificará a todos os membros o contido no parágrafo anterior ao día seguinte da finalización do prazo de quince días citado anteriormente.
Ningún Concelleiro da Corporación poderá solicitar máis de tres plenos anuais.
Artigo 5. O asunto ou asuntos polos que se solicita o Pleno extraordinario, non poderán ser incluídos na Orde do Día dun Pleno ordinario nin Extraordinario, con máis asuntos, se non o autorizan os solicitantes da convocatoria. En ausencia do Alcalde/sa, ou de quen legalmente o substitúa, o Pleno quedará validamente constituído sempre que concorran un terzo do número legal de membros da Corporación, e desempeñará a Presidencia o Concelleiro de maior idade.
Artigo 6. Son sesións extraordinarias de carácter urxente, as convocadas pola Alcaldía cando a urxencia do asunto ou asuntos a tratar non permitan convocar sesión extraordinaria coa antelación mínima de dous días hábiles esixida pola lexislación básica de Réxime Local. Neste caso, deberá incluírse como primeiro punto da Orde do Día, o pronunciamento do Pleno sobre a urxencia. Se esta non resultar apreciada pola maioría do mesmo, levantarase acto seguido a sesión Artigo 7. As sesións do Concello plenario serán públicas, excepto cando o presidente, logo de oír aos voceiros e acordado por maioría absoluta, dispoña o contrario por motivos de orde pública, prestixio da Corporación ou honorabilidade dalgúns dos seus membros ou afecte a Lei Fundamental de cidadáns do artigo 18.1 CE
O público asistente á sesión non poderá intervir, nin se permitirán manifestacións de agrado ou desagrado, podendo a Alcaldía proceder, en casos extremos, á expulsión da sala dos que por calquera causa impidan o normal desenvolvemento da sesión.
Para ampliar a difusión auditiva ou visual do desenvolvemento das sesións, deberá instalarse no salón de plenos os sistemas oficiais de megafonía, circuítos de televisión ou de reprodución en streaming que poderán utilizarse como documentos complementarios para a redacción das correspondentes actas.

Anuncio publicado en: Num BOP 121 año 2020 28/05/2020
27/05/2020 08:00:00
12:13:39

Artigo 3. Son sesións ordinarias aquelas cuxa periodicidade está preestablecida, fixándose a mesma por acordo do Concello Pleno adoptado, a proposta da Alcaldía, na sesión extraordinaria que haberá de convocar a devandita Alcaldía dentro dos trinta días seguintes ao da sesión constitutiva da Corporación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/05/2020

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions