Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 121 xoves, 28 de maio de 2020

BOP Lugo
Contra este acto e as liquidacións correspondentes poderase presentar recurso de reposición, previo ao contencioso-administrativo, no prazo de un mes a contar dende o día seguinte á finalización do prazo de exposición pública dos Padróns, sendo procedente no caso do canon da auga a reclamación económicoadministrativa ante a Xunta Superior de Facenda Conselleria de Facenda no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as débedas os recargos do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria.
No caso do canon da auga a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó amparo do establecido no artigo 201.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro.
Foz, 18 de maio de 2020.- O ALCALDE, FRANCISCO CAJOTO CASERÍO.
R. 0910

GUNTÍN
Anuncio
O Concello de Guntín, por Resolución da Alcaldía Decreto 2020-0074 de 18/05/2020, aprobou a convocatoria e bases polas que se rexerán a selección de persoal para a provisión de CINCO prazas de Peón albanel, conforme as Bases Reguladoras do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos: Programa do Fomento do Emprego 2019.
Considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, e en uso das facultades que lle confire a esta Alcaldía o artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, RESOLVO:
1º.- Ordenar a publicación das Bases que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso oposición libre, para a provisión de cinco prazas de peón albanel conforme as Bases Reguladoras do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos: Programa do Fomento do Emprego. A dita publicación das Bases farase no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e na páxina web www.guntin.es 2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar nas citadas probas selectivas.
3º.- O prazo de presentación de solicitudes de participación, conforme ao sinalado nas Bases, será de 5 días hábiles contados dende o día seguinte da publicación desta convocatoria no BOP.
4º.- Ordenar que se realicen cantos trámites sexan necesarios para desenvolver os procedementos selectivos.
Guntín, 21 de maio do 2020.- A ALCALDESA, María José Gómez Rodríguez.
R. 0911

Anuncio RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA PARA Á SELECCIÓN COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA Á
AMPLICAICÓN DA BOLSA DE RESERVA APROBADA POR RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA DE DATA 11-10-2018
PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR, DURACIÓN DO CONTRATO: OBRA E SERVIZO
DETERMINADO.
O Concello de Guntín, por Resolución da Alcaldía Decreto 2020-0082 de 21/05/2020, aprobou a convocatoria e bases para a ampliación da bolsa de reserva aprobada por Resolución de Alcaldía de data 11/10/2018 para a prestación do servizo de Axuda no Fogar Considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, e en uso das facultades que lle confire a esta Alcaldía o artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, RESOLVO:
1º.- Ordenar a publicación das Bases que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso oposición libre, para a ampliación da bolsa de reserva para a prestación do servizo de Axuda no Fogar. A dita publicación das Bases farase no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e na páxina web www.guntin.es
Anuncio publicado en: Num BOP 121 año 2020 28/05/2020
27/05/2020 08:00:00
12:13:39

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA POLA QUE SE PUBLICA A CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE CINCO PEÓNS, PARA PRESTAR SERVIZOS COMO PERSOAL TEMPORAL POR CALQUERA DAS CIRCUNSTANCIAS PREVISTAS
NA LEXISLACIÓN APLICABLE.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/05/2020

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions