Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

9

Núm. 120 mércores, 27 de maio de 2020

BOP Lugo
6.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS
6.1.- O órgano instrutor será a traballadora social do Concello de Xermade ou o/a funcionario/ que o substitúa, en caso de ausencia.
6.2.- A Comisión de Valoración de Subvencións procederá a informar proposta de concesión de subvencións formulada pola instrutora, segundo os criterios previstos nas presentes bases. A proposta deberá conter a relación de solicitantes para os que se propón a subvención, a súa contía e os criterios de valoración que dean lugar á proposta.
A Comisión de Valoración de Subvencións terá a seguinte composición:
Presidente: o alcalde ou persoa en quen delegue.
Vogais: a concelleira delegada de servizos sociais e a educadora familiar.
Secretaria: o/a secretario-interventor do Concello.
6.3. Posteriormente á proposta informada pola Comisión de Valoración de Subvencións, a proposta pasará á Intervención Municipal para súa fiscalización.
Informada a proposta pola Intervención, a Xunta de Goberno Local por delegación da Alcaldía concederá as subvencións mediante resolución na que se especifique a relación de solicitantes ós que se conceden as subvencións e a desestimación das restantes solicitudes. O prazo máximo para resolver será de quince días hábiles contados a partir da finalización do prazo de solicitude das subvencións.
O outorgamento das subvencións notificarase ás persoas interesadas de acordo co establecido nos artigos 40, 41, 42, 43 e 44 da Lei 39/2015. A resolución da concesión farase pública, como mínimo, mediante exposición pública no taboleiro de anuncios municipal durante un prazo dun mes.
7.- OBRIGAS DO BENEFICIARIO

1. O/A neno/a nacido/a, adoptado/a ou acollido/a debe permanecer inscrito/a no padrón polo prazo mínimo de tres 3 anos.
2. O/A neno/a nacido/a, adoptado/a ou acollido/a debe matricularse no CEIP de Xermade.
3. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, aportando, para elo, canta información lles sexa requirida.
3. Comunicar ó Concello a obtención doutras subvencións de calquera entidade pública ou privada para a mesma finalidade.
8.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
A xustificación, que será baixo a responsabilidade do declarante, farase coa presentación no Rexistro de Entrada do Concello, como máximo o día 30 de novembro, do modelo normalizado de solicitude de pagamento que se facilitará no Concello.
O pagamento da subvención concedida farase efectivo antes do 31 de decembro do 2020, sempre e cando os/as beneficiarios/as acrediten estar ao corrente coas obrigas tributarias e seguridade social.
9.- REINTEGRO DA SUBVENCIÓN
O incumprimento do deber de que o/a neno/a figure empadroado/a no municipio e se matricule no CEIP de Xermade dará lugar á obriga do reintegro das cantidades recibidas.
As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para a súa cobranza o previsto no Regulamento Xeral de Recadación.
10.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto no Título IV da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
Para o non previsto nestas bases será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, así como as Bases 44 a 51 das de Execución do Orzamento Xeral do Concello de Xermade para o ano 2020.
Xermade,18 de maio de 2020.- O Alcalde, Roberto García Pernas.
R. 0908

Anuncio publicado en: Num BOP 120 año 2020 27/05/2020
26/05/2020 08:00:00
10:10:36

Os beneficiarios das subvencións terán que aterse ás seguintes obrigas:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/05/2020

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions