Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 119 martes, 26 de maio de 2020

BOP Lugo
No caso de que no diploma non figure o programa e/ou o numero de horas, o candidato deberá aportar o programa do curso expedido pola entidade que organizou e impartiu o curso, ou no seu defecto a convocatoria, que debe corresponderse co titulo que conste no diploma no que figure o programa e/ou o número de horas.
Só se valorarán os cursos que se correspondan coas funcións do traballo a desenvolver, e sempre que se acompañen dos datos indicados.
d Os candidatos para non ter que realizar o exame la lingua galega, deberá acreditar o CELGA 3 ou cursos de iniciación mediante os correspondentes diplomas ou certificados de posuir o citado nivel.
SEXTA.- ANUNCIO DA CONVOCATORIA E SOLICITUDES E ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de edictos do concello e na páxina web www.concellodocorgo.com e na sede electrónica do concello do Corgo, concellodocorgo.sedelectrónica.gal.

As solicitudes poderanse remitir, así mesmo, na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Na solicitude os aspirantes manifestarán que reúnen tódolos requisitos da convocatoria e aportarán a documentación acreditativa dos méritos que alegan, ben en orixinal ou ben en copia compulsada, achegándoos xunto coa súa solicitude, na que se relacionarán os méritos que se aportan.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes e transcorridos os dous días hábiles para recibir a documentación presentada en Correos ou en Rexistros diferentes ao deste concello, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de 2 días hábiles, ordeando a publicación da lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as.
Esta resolución publicarase unicamente no taboleiro de edictos da casa do Concello e na páxina web:
www.concellodocorgo.com e na sede electrónica do concello do Corgo, concellodocorgo.sedelectrónica.gal, sinalándose un prazo de dous 2 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da súa publicación nos referidos medios, para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. No caso de presentarse noutros rexistros diferentes ao do concello, as emendas deberán recibirse nun plazo máximo de 2 días hábiles contados a partir do seguinte ao de finalización do prazo anterior. Se estes prazos finalizaran en sábado entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte.
Na publicación indicarase o nome e apelido, DNI dos aspirantes, con indicación dos que non precisan a realización do exercicio de galego.
Rematado o prazo de subsanación e transcorridos os dous días hábiles referidos anteriormente, ditarase resolución nun prazo máximo de 2 días hábiles, a contar a partir do seguinte á finalización do prazo anterior, elevando a definitiva a lista de admitidos e excluídos, así como os candidatos que teñan que realizar o exercicio de galego, e nela se sinalará a composición do tribunal cualificador. A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe e ordene a publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos.
Non obstante, o feito de figurar na lista definitiva de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos na base terceira das presentes bases.
Os datos persoais nome, apelidos e, no seu caso, dirección aos efectos de notificacións dos candidatos que participen no procedemento selectivo, é co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente lexislación.
Contra a resolución do alcalde pola que se declaren definitivamente excluídos do proceso selectivo, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo de un mes, a contar desde o día seguinte á publicación no taboleiro de anuncios da devandita resolución, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo, no de dous meses desde a citada data.
Non se poderá interpoñer recurso contencioso administrativo ata que sexa resolto expresamente o recurso de reposición ou se producise a súa desestimación presunta.

Anuncio publicado en: Num BOP 119 año 2020 26/05/2020
25/05/2020 08:00:00
11:50:10

As instancias para poder tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante o modelo que figura no anexo I
da presente convocatoria, dirixido ao alcalde, presentándose no Rexistro Xeral do Concello, ou na sede electrónica concellodocorgo.sedelectrónica.gal. no prazo de cinco 5 días hábiles seguintes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo Se o último día de prazo coincide con sábado, domingo ou festivo, entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte, tamén poderase presentar na oficina de correos, na forma que se establece reglamentariamente e nos demais lugares que se indican no art 16 da Lei 39/2015 de 1 de outono de procedemento administrativo común. Se no prazo de 2 días hábiles a contar desde o seguinte á finalización do prazo de presentación non se recibe a solicitude, esta quedará rexeitada, polo que se recomenda a súa presentación no rexistro xeral das oficinas municipais do Concello do Corgo ou a través da sede electrónica concellodocorgo.sedelectronica.gal. No caso de presentar a solicitude noutro lugar ou por outro medio, o interesado deberá acreditar o dito envío, remitindo o mesmo día copia da solicitude ao fax 982302068 ou por mail a concello.ocorgo@eidolocal.es. Sen este requisito a solicitude non será admitida en ningún caso.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date26/05/2020

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions