Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 116 venres, 22 de maio de 2020

BOP Lugo
Na praza de Augas Férreas poderá facerse uso do espazo da propia praza, quedando para un uso exclusivamente peonil e libre de terrazas o derivado do corte ao tráfico rodado da vía na intersección coas rúas Cánovas del Castillo e Rafael Dieste e na intersección coa rúa Vázquez Seijas coa rua praza Augas Férreas.
4.- O espazo público das beirarrúas ou, alternativamente, o dedicado ao estacionamento de vehículos, unicamente na marxe da vía lindeira coa beirarrúa na que se atope a fachada do establecemento e por unha distancia, nun e noutro caso, que non supere a lonxitude desta última.
Segundo.- En todo caso deberanse adoptar as medidas de delimitación do espazo ocupado que garantan a seguridade dos usuarios e viandantes e as medidas necesarias de accesibilidade e non será necesario máis trámite que a comunicación ao Concello de Lugo da ampliación ou instalación da terraza, xunto coa fotografía da fachada do establecemento ou do espazo ocupado debidamente delimitado e xustificante do pagamento do último recibo do seguro de responsabilidade civil obrigatorio.
Terceiro.- Esta medida de urxencia, excepcional e temporal publicarase no Taboleiro de Edictos e no Boletín oficial da provincia e terá vixencia dende o día 23 de maio de 2020 ata o 31 de agosto de 2020, ambos inclusive.
Lugo, 20 de maio de 2020.- A Alcaldesa, Lara Méndez López.
R. 0898

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio
Contra os actos administrativos de inclusión, exclusión ou alteración de datos censais cabe interpoñer no prazo dun mes a contar dende o inmediato seguinte ao termo da exposición da matrícula, recurso de reposición ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria ou reclamación económico administrativo ante o Tribunal Económico Administrativo Rexional Monforte de Lemos, 14 de maio de 2020.- O alcalde, José Tomé Roca.
R. 0882

TRABADA
Anuncio Dase publicidade a seguinte resolución de Alcaldía para xeneral coñecemento e os efectos oportunos:
RESOLUCION DA ALCALDIA Nº 110/2020 DE 13 DE MAIO DE 2020
En uso das facultades conferidas polo artigo 52.1 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e polo artigo 23.1
da lei 7/1985, reguladora das Bases do Réxime Local e 61 da lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, RESOLVO :
PRIMEIRO.- Cesar como Segundo tenente de Alcalde e como membro da Xunta de Goberno Local a Dona Guadalupe Rego Rodríguez por non poder asistir de maneira habitual ás sesións por cuestións de índole laboral e persoal.
SEGUNDO.- Nomear como Segundo Tenente de Alcalde a Dona Suevia Reimonde Gasalla.
TERCEIRO.- Nomear como Terceiro Tenente de Alcalde e polo tanto, como novo membro da Xunta de Goberno Local ó concelleiro Don Rubén García Freije.
CUARTO.- Aprobar que as sesións ordinarias de Xunta de Goberno Local se celebren ás 10:00 horas o último mércores de cada mes.
QUINTO.- Publicar o presente decreto no BOP de Lugo ós efectos oportunos.
SEXTO.- Dar conta do presente decreto na vindeira sesión ordinaria de Pleno En Trabada, o asina a Sra. Alcaldesa, Dona Mayra García Bermúdez en data 15 de maio de 2020.
R. 0883

Anuncio publicado en: Num BOP 116 año 2020 22/05/2020
21/05/2020 08:00:00
10:08:27

En cumprimento do artigo 3 do Real decreto 243/1995, do 17 de febreiro, expóñense ao público no Concello de Monforte de Lemos, as matrículas do Imposto sobre Actividades Económicas do exercicio 2020, dende o 25.05.2020 ata o 8.06.2020, ou unha data posterior si así resultara da normativa de aplicación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/05/2020

Page count4

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions