Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 115 xoves, 21 de maio de 2020

BOP Lugo
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia. De acordo co establecido na Disposición Adicional Oitava do Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, o prazo para interpoñer recursos de reposición empezará a contarse desde o 30 de maio de 2020.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. Advertir aos interesados que a efectos do cómputo dos prazos procesais, segundo o establecido na Disposición Adicional Segunda do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no seu apartado 1º, suspéndense os termos e interrómpense os prazos previstos nas leis procesuais para todas as ordes xurisdicionais. O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes teñen domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. Fíxase o período voluntario de cobramento en dous meses dende o día seguinte a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
A presente publicación, nos dous supostos, de anuncio de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Burela, 11 de maio de 2020.- O Alcalde, Alfredo LLano García.

CERVANTES
Anuncio Información pública Aprobados por Resolución de alcaldía de data 15 de maio de 2020, os padróns que a continuación se relacionan, expóñense ao público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo:

Taxa polo servizo de recollida domiciliaria do lixo 1º trimestre de 2020.

Taxa polo servizo de subministro domiciliario de auga potable e canon da auga 1º trimestre de 2020.

Recursos: Contra o acordo da aprobación dos padróns se poderá interpor recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: un mes contado dende o día inmediato seguinte ao do término do período de exposición ao público dos padróns.
Órgano ante o que se recorre: Alcalde do concello de Cervantes.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación mediante o padrón.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de dous meses, contados a partir do período de exposición pública. Finalizado o exercicio pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 da Lei 58/2003
de 17 de decembro, Facenda Pública, Lei Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma.
Deputación Provincial de Lugo.
A falta de pagamento do canon de auga no período voluntario suporá a esixencia directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ó público do padrón e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.

Anuncio publicado en: Num BOP 115 año 2020 21/05/2020
20/05/2020 08:00:00
12:31:34

R. 0862

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/05/2020

Page count7

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions