Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 113 martes, 19 de maio de 2020

BOP Lugo
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia. De acordo co establecido na Disposición Adicional Oitava do Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, o prazo para interpoñer recursos de reposición empezará a contarse desde o 30 de maio de 2020.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. Advertir aos interesados que a efectos do cómputo dos prazos procesais, segundo o establecido na Disposición Adicional Segunda do Real Decreto 463/2020, do 14
de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no seu apartado 1º, suspéndense os termos e interrómpense os prazos previstos nas leis procesuais para todas as ordes xurisdicionais. O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon de Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación economico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.

Burela, 11 de maio de 2020.- O ALCALDE, ALFREDO LLANO GARCIA.
R. 0862

Anuncio EXPEDIENTES 42/2020 E 43/2020. ANUNCIO EXPOSICIÓN O PÚBLICO E COBRANZA S.A.F. DECEMBRO 2020.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Burela en sesión celebrada o día 22 de abril de 2020 aproba o Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente ao mes de decembro de 2019 a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar por importe de 6.838,03 €, correspondendo 1.028,40 € a libre concorrencia e 5.809,63 € a dependencia. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia. De acordo co establecido na Disposición Adicional Oitava do Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, o prazo para interpoñer recursos de reposición empezará a contarse desde o 30 de maio de 2020.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. Advertir aos interesados que a efectos do cómputo dos prazos procesais, segundo o establecido na Disposición Adicional Segunda do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no seu apartado 1º, suspéndense os termos e interrómpense os prazos previstos nas leis procesuais para todas as ordes xurisdicionais. O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes teñen domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. Fíxase o período voluntario de cobramento en dous meses dende o día seguinte a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Anuncio publicado en: Num BOP 113 año 2020 19/05/2020
15/05/2020 08:00:00
19:08:15

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 apartado 3 da Lei 58/ 2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e 23 e 24 do R.D. 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/05/2020

Page count4

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions