Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 110 venres, 15 de maio de 2020

BOP Lugo
O cobro dos mesmos realizarase mediante ingreso dos contribuintes na conta do Concello no Banco Santander ou BBVA.
Fixanse como periodo de cobro en voluntaria:
Do Prezo Público polo servizo de axuda no fogar con carácter posterior á prestación do servizo é carácter específico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte.
Do Prezo Público polo servizo de vivendas comunitarias e apartamento tutelado o prazo de cinco dias, dende o seguinte a exposición deste anuncio no BOP.
Este anuncio ten carácter de notificación colectiva ó amparo do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. Durante o devandito prazo os interesados poderán examinar e formular contra os actos que se notifican ante a Xunta de Goberno Local deste Concello, recurso de reposición previo ao contencioso administrativo, no prazo dun mes a contar dende a exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderá interporse recurso contenciosoadministrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Transcurrido o periodo de pago en voluntaria as debedas serán esixidas polo procedemento de apremio a través do servizo provincial de recaudación.
Samos, 7 de maio de 2020.-O ALCALDE, Julio Gallego Moure.
R. 0843

VILALBA
Anuncio ASUNTO: Nomeamento de alcaldes de barrio do Concello de Vilalba. Expte 1146/2020
Visto que a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local refírese á organización complementaria do municipio no seu art. 20 indicando nos seus apartados 2º e 3º que as leis das Comunidades Autónomas sobre o Réxime Local poderán establecer unha organización municipal complementaria á prevista no apartado 1º, e que os propios municipios, nos Reglamentos orgánicos, poderán establecer e regular outros órganos complementarios, de conformidade co previsto nas leis das Comunidades Autónomas indicadas.
Visto que, o art. 20 do RDLeg 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, determina expresamente que en cada un dos poboados e barriadas separados do casco urbano e que non constitúan Entidade Local, o Alcalde/sa poderá nomear un representante persoal entre os veciños residentes no mesmo.
Visto que desde o punto de vista reglamentario, o art. 122 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Reglamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, igualmente indica que non só en cada un de os poboados e barriadas e separados do casco urbán e que non constitúan Entidade Local, senón naquelas cidades no que o desenvolvemento dos servizos así o aconselle, a Alcaldesa poderá nomear un representante persoal entre os veciños residentes nos mesmos.
Como desenvolvemento indícase que a duración do cargo estará suxeita á do mandato da Alcaldesa que o nomeou, quen poderá removelo cando o xulgue oportuno; devanditos representantes terán o carácter de autoridade no cumprimento dos seus cometidos municipais, en canto representantes da Alcaldesa que lles nomeou.
Visto o Artigo 73 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da administración local de Galicia que di:
1. Nos núcleos de poboación separados do centro urbano e que non constitúan Entidade Local, o Alcalde poderá nomear un Alcalde de Barrio para cada núcleo entre os veciños que residan neste.
2. O Alcalde tamén poderá nomear Alcaldes de Barrio nas cidades en que os servizos requiran esta designación.
Cada Alcalde de Barrio terá que ser veciño daquel no que exerza as súas funcións.
3. A duración do cargo estará suxeita á do mandato do Alcalde que o nomeou, quen poderá removerlle cando o xulgue oportuno.
4. Os Alcaldes de Barrio terán carácter de autoridade no cumprimento dos seus cometidos habituais, en canto representantes do Alcalde que os nomeou.
Visto que aos efectos de atender con maior eficacia e agilidade as inquietudes e necesidades que xurdan no seo das comunidades veciñais, facilitando a participación cidadá, e coa finalidade de incentivar a maior fluidez na relación e información cos veciños, considero a conveniencia de designar en determinadas parroquias como alcalde de barrio a un veciño das mesmas, que actúe como o meu representante persoal.

Anuncio publicado en: Num BOP 110 año 2020 15/05/2020
13/05/2020 08:00:00
11:09:06

Decreto de S. S a alcaldesa don Elba Veleiro Fernandez.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/05/2020

Page count4

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions