Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 101 martes, 5 de maio de 2020

BOP Lugo
O Real Decreto Lei 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, supuxo unha reducción da actividade comercial, estableceu un confinamento da poboación e, no ANEXO I, estableceu a relación de equipamentos e actividades cuxa apertura ao público quedou suspendida con arreglo ao disposto no art. 10.3 da citada disposición.
Polo tanto, dada as consecuencias económicas derivadas do citado Real Decreto Lei semella convinte concluir que existe unha disminución da actividade comercial dos quioscos instalados en bens de dominio público de propiedade municipal. Por elo considerase procedente proceder á devolución ou non liquidación de ditos ingresos, en tanto en canto dure a situación presente.
Polo exposto e, en virtude das atribucións que me confire o art. 21 la Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e con base na Resolución da Alcaldía de 23 de marzo de 2020 que revoca a de data 17 de xuño de 2019, pola que o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Monforte delegou atribucións na Xunta de Goberno Local:
DISPOÑO:
PRIMEIRO.- Proceder á devolución ou non liquidación da taxa por instalación de quioscos na vía pública, durante o período comprendido entre o día 16 de marzo de 2020 e o día que finalice o estado de emerxencia, declarado por Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19
SEGUNDO.- Unha vez finalizado o estado de emerxencia e levantada a suspensión obrigatoria das actividades relacionadas no citado Anexo I do Real Decreto 463/2020, os suxeitos pasivos afectados deberán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello, no modelo que se lles facilite ao efecto.
TERCEIRO.- Proceder á publicación deste Decreto no Taboleiro de Anuncios do Concello de Monforte de Lemos, na Páxina Web e no B.O.P.
Monforte de Lemos, 27 de abril de 2020.- O ALCALDE, José Tomé Roca.

Anuncio Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 24 de abril de 2020, o REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS/AS DE PROTECCIÓN CIVIL DO CONCELLO DE MONFORTE DE
LEMOS, exponse ao público a efectos de información pública e audiencia aos interesados por prazo de trinta días, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales poderán presentarse reclamacións e suxestións, de conformidade co previsto no art.49 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local.
Monforte de Lemos, 28 de abril de 2020.- O Alcalde, José Tomé Roca.
R. 0792

VIVEIRO
Anuncio Expediente núm.: 2968/2020
Aprobación dos padróns fiscais de Auga e canon de Saneamento, rede de sumidoiros, Taxa de Recollida de Lixo, etc. 1º trimestre do exercicio 2020 e anuncios de cobranza.
Con data de 24 de abril de 2020 por Resolución da Alcaldía procédese á aprobación dos seguintes padróns fiscais Tributo Auga potable Conservación de contadores Rede de sumidoiros Depuración de augas residuáis Recollida de lixos Canon auga Xunta
Exercicio 1º Trimestre 1º Trimestre 1º Trimestre 1º Trimestre 1º Trimestre 1º Trimestre
de de de de de de
2020
2020
2020
2020
2020
2020

Importe 161.679,81
5.768,55
32.453,46
98.239,02
305.893,98
74.485,57






De conformidade co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, pola que se aproba a Lei Xeral Tributaria, ábrese un período de exposición pública por espazo de 15 días hábiles, para o seu exame por parte dos contribuíntes.
Finalizado o prazo de exposición pública, poderá interpoñerse o recurso de reposición regulado no artigo14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no prazo de un mes ante a Alcaldesa. Se o recurso non se resolvese no prazo de un mes entenderase desestimado. Contra a resolución do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-

Anuncio publicado en: Num BOP 101 año 2020 05/05/2020
04/05/2020 08:00:00
11:17:20

R. 0791

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/05/2020

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions