Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 073 venres, 29 de marzo de 2019

BOP de Lugo
corresponderá á Xunta de Goberno. De ser o caso, o pagamento das horas extraordinarias incluirase na nómina do mes seguinte ao da data de resolución.
C.- Engadir ao acordo marco a seguinte disposición transitoria:
Disposición transitoria segunda.- No prazo de un ano dende a publicación da Relación de Postos de Traballo no Diario Oficial da Provincia de Lugo se renegociarán as contías das gratificacións extraordinarias e o procedemento para a súa autorización e xustificación.
D.- Engadir ao acordo marco unha disposición derogatoria co seguinte contido:
Disposición derogatoria.- Quedan derogados cantos acordos existan que contradigan o disposto no acordo marco. Quedan así mesmo derrogados todos os acordos que existan relativos a retribucións específicas derivadas de nocturnidade, festivos, domingos e fins de semana, traballo a quendas e calesquera outras condicións tidas en conta na ponderación do complemento específico E.- Réxime transitorio ata a implantación do 100% da RPT, respecto da eliminación do apartado 2 do artigo 76 do Acordo Marco de Persoal Funcionario do Concello de Viveiro.
Engadir unha disposición transitoria no Acordo Marco do Persoal Funcionario, co seguinte contido:
Os funcionarios da policía local, polo seu servizo permanente e de características especiais, en tanto non se implante a RPT na súa totalidade, terán dereito a unha gratificación polos seguintes conceptos:
1. Por custodia de detidos: 14,47€ por cada policía e vez.
2. Por asistencia a xuízos como testemuñas en días de descanso: 28,94€ se o xuízo se celebra na localidade de Viveiro e 57,88€ se se celebra fóra.
3. Por servizos efectivos e presenciais en domingos e en días festivos percibiranse as seguintes cantidades:
Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

17,36

10,13

4,34

0

Serán traballos realizados en domingos e festivos os establecidos no artigo 47 parágrafo segundo do Acordo Marco.
Por este concepto, tendo en conta que se trata de servizos prestados en quendas de traballo rotatorias, establecidas anualmente, e atendendo ao calendario laboral as cantidades a percibir anualmente, por cada traballador por este concepto serán as seguintes:
Ano 2019

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

1.249,92

729,36

312,48

0

Estas cantidades prorratearanse en doce pagas iguais.
4. Por servizos efectivos e presenciais en noites percibiranse as seguintes cantidades:
Ano 2019

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

8,68

5,06

2,17

0

Serán traballos realizados en domingos e festivos os establecidos no artigo 47 parágrafo primeiro do Acordo Marco.
Por este concepto, tendo en conta que se trata de servizos prestados en quendas de traballo rotatorias, establecidas anualmente, e atendendo ao calendario laboral as cantidades a percibir anualmente por cada traballador por este concepto serán as seguintes:
Ano 2019

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

624,96

364,32

156,24

0

Estas cantidades prorratearanse en doce pagas iguais.
Non se percibirá en ningunha das anualidades, unha vez iniciada a implantación da RPT, o concepto correspondente a vixilancia e reforzos, sendo estes conceptos remunerados a través das cuantías establecidas para as horas extraordinarias.
O traballador que ocupe o posto contemplado como de segunda actividade para a policía local, ao non contar con turnicidade nin coa realización das funcións propias da policía local, non percibirá cantidade algunha por estes conceptos.
Entrada en vigor da presente modificación puntual: Establécese a entrada en vigor das modificacións referidas ao día seguinte da súa publicación no BOP.

Anuncio publicado en: Num BOP 73 año 2019 28/03/2019 12:24:06
29/03/2019 08:00:00

Ano 2019

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha29/03/2019

Nro. de páginas14

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31