Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 071 mércores, 27 de marzo de 2019

BOP de Lugo
A convocatoria e as bases aprobadas poden consultarse na sede electrónica do Concello do Páramo https concellodeparamo.sedelectronica.gal O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte á data de publicación no BOP de Lugo.
O Páramo, 20 de marzo de 2019.- O alcalde, Gumersindo A. Rodríguez Liz.
R. 0816

QUIROGA
Anuncio Por acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión de data 22 de febreiro do 2019 prestouse aprobación ás seguintes bases que a continuación se detallan:
APROBAR AS BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN DE
EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL NO MARCO DO ACORDO DA COMISIÓN
BILATERAL CELEBRADA O 26 DE OUTUBRO DE 2018, RELATIVO Á ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN
URBANA DO NÚCLEO DE QUIROGA LUGO 6 FASE, NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. PLAN
ESTATAL DE VIVENDA 2018 2021. que a continuación se transcriben e que se proceda segundo no que nelas se prevé.

A presente convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento de concesión das subvencións destinadas a financiar as actuacións de rehabilitación dos edificios e vivendas ao abeiro do Convenio asinado entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o IGVS e o Concello Quiroga, o 26 de outubro de 2018, relativo a concesión das axudas para a área de rexeneración e renovación urbana do Núcleo de Quiroga, 6 Fase, no marco do Real Decreto 106/2018, de 10 de marzo de 2018, polo que se aproba o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e do convenio de colaboración previo entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do dito plan, conforme co establecido no artigo 5 do RD
106/2018 e no artigo Terceiro da Resolución do 3 de agosto de 2018 do IGVS.
Base 2.- Ámbito territorial desta convocatoria O ámbito no que será de aplicación esta convocatoria é o da ARI do Núcleo de Quiroga, declarada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 16 de setembro de 2015.
Base 3.- Tipos de actuacións subvencionables De conformidade co artigo 51 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, son actuacións subvencionables as seguintes:
1. As previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas.
2. As previstas no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.
3. A execución de obras e/ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.
4. As obras de demolición de edificios e de vivendas e as obras de construción de edificios de vivendas e vivendas de nova construción. Os novos edificios e vivendas deberán ter unha cualificación enerxética mínima B
e cumprir, en todo caso, coas exixencias do Código técnico da edificación.
Constitúe o orzamento protexido da actuación o custo total subvencionable de todas as actuacións que se subvencionen segundo o previsto no artigo 51 do citado RD 106/2018, que non poderá superar os prezos medios de mercado que para tales actuacións correspondan, os cales se determinarán de conformidade coa última edición publicada da Base de prezos da construción de Galicia 2017 ou a normativa que a substitúa.
Base 4. Requisitos CONFORMIDADE COA NORMATIVA VIXENTE:
Os inmobles e os usos para os que se soliciten as axudas deberán ser conformes coas determinacións da normativa en vigor.
CONDICIÓNS DOS INMOBLES:

Anuncio publicado en: Num BOP 71 año 2019 26/03/2019 12:48:05
27/03/2019 08:00:00

Base 1.- Obxecto

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha27/03/2019

Nro. de páginas21

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31