Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 064 luns, 18 de marzo de 2019

BOP de Lugo
- O menor recién nado ou adoptado, terá que ser empadroado por primeira vez neste concello e convivir cos solicitantes no mesmo enderezo. Será documento acreditativo o certificado de empadronamento e inscripción no padrón de habitantes. No caso de que algún dos proxenitores se atope traballando no extranxeiro ou noutra comunidade, non figurando empadroado neste concello, deberá acreditalo con copia do correspondente contrato de traballo.
Será requisito para o pago efectivo da axuda, que as persoas beneficiarias sinaladas nos apartados anteriores continúen residindo no Concello, e que en todo caso, o recién nado fora empadroado por primera vez no Concello. No caso de adopción, que no prazo dun mes a contar dende a resolución xudicial, sexa incrito no padrón, asimismo no enderezo do adoptante.
En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados, total ou parcialmente, da patria potestade dos seus fillos, ou si a tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.
Os beneficiarios deberán atoparse ao corrente dos seus deberes tributarios coa Facenda, coa Seguridade Social e co Concello de Baralla, cuestión esta última que será comprobada de oficio polo propio Concello.
- Os ingresos da unidade familiar non pode superar 3.5 veces o SMI, sinalado para o ano correspondente no que se efectúe a solicitude de axuda.
Art. 6.- Contía das axudas e imputación do gasto.- Cada nacemento que teña lugar, ou cada adopción que se formalice cumprindo os requisitos sinalados nesta ordenanza, será obxeto dunha axuda de 800 €.
Considerarase unidade familiar a formada polo pai, nai, tutor de garda e protección do menor e os fillos solteiros menores de 25 anos que convivan no enderezo familiar ata a data da solicitude.
No caso de partos múltiples terase dereito a percibir un 100% adicional para cada fillo. No caso de adopción de máis dun menor, terase en conta a mesma porcentaxe de incremento.

O Concello anualmente no seu orzamento, como requisito imprescindible, destinará a cantidade a conceder por axudas á natalidade. A imputación do gasto realizarase con cargo a unha partida orzamentaria específica, que se creará no orzamento xeral do Concello, cuxa existencia vincularase á aplicación desta ordenanza na medida en que debe estar previsto no crédito de xeito adecuado e suficiente para a súa efectividade.
Non obstante o disposto no apartado anterior, á vista das cifras resultantes, previa a tramitación da correspondente modificación orzamentaria, poderá incrementar ou disminuir o importe global e en consecuencia, a cantidade a outorgar a cada beneficiario.
Art. 7.- Procedemento de concesión.- As axudas solicitaranse ao Sr. Alcalde Presidente, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou polos procedementos previstos na Lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento administrativo das administración públicas, dentro dos meses seguintes ao nacemento ou adopción. Deberá presentarse conforme ao modelo que figura como anexo na presente ordenanza, no que expresamente se declarará que se cumpre con tódolos requisitos establecidos na presente ordenanza.
- Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:
a Copia compulsada do DNI, pasaporte ou documento administrativo que acredite a identificación do solicitante como beneficiario/a dos proxenitores.
b Fotocopia do libro de familia.
c Certificado de nacemento do recién nacido expedido polo Rexistro Civil, no caso de nacementos.
d Copia autenticada da resolución xudicial no caso de adopción.
e Certificado de empadronamento dos beneficiarios que acredite a residencia efectiva no Concello alomenos dous anos, dun dos proxenitores, así como de inscripción no padrón de habitantes dos beneficiarios co recién nacido ou adoptado/a. Indicarase a data de empadronamento do recién nacido e a causa de inscripción.
Engadirase unha declaración, na que conste o compromiso de continuar empradroado durante un ano mais, salvo causas que xutificasen o cambio.
f Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto certificación negativa de Facenda.
g Poderán solicitarse xustificantes económicos de tódolos membros da unidade familiar, referidos ao período computable: nóminas, contratos de traballo, recibos de pensións ou calquera documentación que corresponda a cada caso e xustifique a situación económica.
h Convenio regulador ou sentencia xudicial de nulidade sepración ou divorcio no seu caso.
i Certificacións de atoparse ao corriente no cumprimento dos deberes tributarios e coa Seguridade Social ou autorización ao órgano municipal competente no seu caso. No Concello comprobarase de oficio que os solicitantes están ao corriente no cumprimento dos deberes fiscais municipais.
k Documentación acreditativa da titularidade da conta bancaria na que se solicita o ingreso da axuda.

Anuncio publicado en: Num BOP 64 año 2019 15/03/2019 11:45:04
18/03/2019 08:00:00

A axuda queda condicionada ao mantemento da residencia no termo municipal durante o período mínimo de un ano a contar dende a data do acontecemento.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha18/03/2019

Nro. de páginas24

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31