Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 064 luns, 18 de marzo de 2019

BOP de Lugo
artigos 49 e 89.4 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro Dacordo co artigo 60 da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, outorgarase preferencia na selección a quen se incorporou no prazo dun ano ao servizo activo, procedentes do permiso de maternidade ou paternidade, ou haxan reingresado desde a situación de excedencia por razón de garda legal e atención a persoas maiores dependentes ou persoas con discapacidade, con obxecto de actualizar os coñecementos dos empregados públicos e empregadas públicas. Así mesmo, reservarase polo menos un 40
por cento das prazas nos cursos de formación para a súa adxudicación a mulleres que reúnan os requisitos establecidos, salvo que o número de solicitudes de mulleres sexa insuficiente para cubrir esta porcentaxe.
En aplicación do Real Decreto 2271/2004, do 3 de decembro, valorarase como criterio de selección a quen se atope afectados por unha discapacidade cuxo grao de minusvalía sexa igual ou superior ao 33 por cento. As persoas con discapacidade que soliciten o curso poderán facer constar tal circunstancia na inscrición, e poderán indicar, así mesmo, as adaptacións necesarias no curso formativo, a condición de que fosen seleccionadas.
6. Réxime de asistencia.- Os/as alumnos/as haberán de asistir con regularidade ao curso. Unha inasistencia superior ao dez por cento no cómputo total de horas lectivas programadas imposibilitará a expedición da certificación e dará lugar á baixa no curso, con perda de todos os dereitos.
Os alumnos seleccionados que non observen as regras elementais de participación, respecto e consideración cara a profesores, compañeiros ou persoal do INAP e, en xeral, que contraveñan o disposto no código ético do INAP que poderá consultarse en www.inap.es/conocenos poderán ser excluídos das actividades formativas.
Para o desenvolvemento dos procesos de aprendizaxe, os alumnos contarán co acceso gratuíto a Ágora http agora.edu.es/, a La Administración al Día http laadministracionaldia.inap.es e ao Banco de Conocimiento http bci.inap.es/, así como á Rede Social Profesional https social. inap.es/.

8. Valoración dos cursos.- Para os efectos previstos no artigo 1, apartado D, da Orde de 10 de agosto de 1994, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter estatal, en relación co establecido na Resolución de 26 de outubro de 1994 do Instituto Nacional de Administración Pública Boletín Oficial do Estado de 8 de novembro.
ANEXO
CURSO: RÉXIME XURÍDICO DO SOLO RÚSTICO E A NORMATIVA SECTORIAL
IDENTIFICACIÓN DO CURSO: FL19-3016
DATAS DE REALIZACIÓN: 7, 8 e 9 de maio de 2019
OBXECTIVOS:
Impartir formación específica sobre a multiplicidad de normas que inciden en materia de urbanismo e medioambiente e que afectan o desenvolvemento da actividade dos entes locais.
DESTINATARIOS:
Secretarios/as de Concellos, Arquitectos/as e Enxeñeiros/as ao Servizo da Administración Local, Técnicos/as das Entidades Locais vinculados ao urbanismo e medio ambiente PROGRAMA:
1.

Introdución. Demanio público e servidumes. As limitacións e afeccións en chan rústico.

2.

Localización de construcións e instalacións. Réxime de distancias en solo rústico. Normativa sectorial de Agricultura, gandería distancias granxas de porcino, vacún, cabalar, avícola, apícola, etc, tratamento de residuos e servidume no ámbito agrario. Distancias a construcións específicas: cemiterios, pirotecnias, etc
3.

Réxime de parcelaciones, segregacións e agrupacións en solo rústico. Coordinación Catastro e Rexistro da Propiedade: modo de resolver diferenzas entre Catastro e Rexistro da Propiedade.

4.

Réxime de Servidumes e limitacións derivadas da normativa de augas.

5.

Normativa reguladora de montes e incendios na Comunidade Autónoma de Galicia.

6.

Réxime xurídico de vías públicas: dominio público, servidumes e afeccións na normativa estatal e autonómica.

7.

Ordenación e xestión de solo empresarial: especialidades en materia de plan e sistemas de actuación.

8.

Réxime de limitacións e servidumes de medio ambiente e espazos naturais.

9.

A práctica de xestión da protección e conservación do patrimonio cultural no marco da Lei 5/2016, do 4 de maio, de Patrimonio Cultural de Galicia.

Anuncio publicado en: Num BOP 64 año 2019 15/03/2019 11:45:04
18/03/2019 08:00:00

7. Información adicional.- Poderase solicitar información adicional chamando aos números de teléfono 982260065/ 982260036 da Sección de Formación da Deputación de Lugo.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha18/03/2019

Nro. de páginas24

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31