Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 063 sábado, 16 de marzo de 2019

BOP de Lugo
RÉXIME DA CONVOCATORIA
As bolsas para deportistas individuais da provincia de Lugo na anualidade 2019, teñen por obxecto a cobertura de custos código obxecto 3, articularanse na modalidade bolsas código instrumento axuda SUBV sen contraprestación en réxime de concorrencia competitiva, sendo esta un tipo de subvención non cualificable como axuda de Estado a empresa código tipo de subvención 1, encadrada dentro do sector económico das actividades deportivas código sector económico 93.1 cunha finalidade de promoción deportiva código finalidade 18, non prevendo unha eliminación ou diminución das desigualdades detectadas código do impacto de xénero 1.
Pódese consultar a Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo na web desta entidade local, en concreto na seguinte dirección:
http run.gob.es/owqlth SEGUNDO.- DESTINATARIOS
Poderán ser beneficiarios das bolsas da presente convocatoria as persoas físicas que sexan deportistas federados nalgunha das federacións oficiais de automobilismo, de calquera categoría, e exclusivamente de modalidades de rally de asfalto, terra e montaña, de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran cos seguintes requisitos:
A. REQUISITOS PERSOAIS
1. Ter residencia en calquera dos municipios da provincia de Lugo, e por tanto, estar empadroado/a nalgún municipio da provincia de Lugo, dentro do prazo de presentación de solicitudes e como mínimo con alta no respectivo padrón a data 1/01/2018.
2. Posuír ficha federativa de piloto durante o ano 2018 e manter na data de presentación de solicitudes ficha federativa oficial, na disciplina e/ou modalidade para a que solicita a bolsa.

4. Os establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións e aplicables no presente caso.
5. Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
B. REQUISITOS DEPORTIVOS.
Para poder ser beneficiario da bolsa, o/a deportista individual piloto/a deberá acreditar mediante a respectiva certificación federativa o cumprimento do requisito de ter participado en competicións oficiais e federadas durante a temporada 2018, e dentro das modalidades e grupos indicados no punto TERCEIRO da presente convocatoria, de acordo cos seguintes criterios:
1.- Acreditar a participación, como mínimo, en unha 1 das seguintes probas oficiais federadas:
- Rallye San Froilán - Rallye da Ulloa - Subida a Chantada - Subida á Pontenova 2.- Ou ben, de non cumprir o requisito anterior, acreditar a participación, como mínimo, en dúas 2 probas de carácter oficial e federado.
Establécese como tempada o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2018 até o 31 de decembro do 2018.
Estas bolsas non serán compatíbeis con outras axudas públicas da Deputación de Lugo para a mesma finalidade.
As bolsas reguladas na presente convocatoria concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
O logro e consecución dos postos e méritos deportivos indicados neste punto como requisitos deportivos para poder ser beneficiario de bolsa, deberá estar expresamente indicado na respectiva certificación federativa de acordo cos anteriormente referidos méritos. De non reflectirse expresamente tal circunstancia na correspondente certificación, entenderase que non cumpre o requisito indicado.
TERCEIRO.- MODALIDADES E GRUPOS
As modalidades de rally de asfalto, montaña e terra e grupos que exclusivamente se considerarán válidas para a acreditación dos requisitos deportivos reflectidos no punto 2.B, durante a temporada 2018 de rally de asfalto, terra ou montaña e optar a bolsa, son as/os seguintes:

Anuncio publicado en: Num BOP 63 año 2019 15/03/2019 13:32:29
16/03/2019 08:00:00

3. Estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estaren ao corrente das obrigas coa Seguridade Social e coa Deputación Provincial.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha16/03/2019

Nro. de páginas23

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31