Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

14

Núm. 062 venres, 15 de marzo de 2019

BOP de Lugo
Se unha vez transcorrido ese prazo non se presentan alegacións, considerarase aprobado definitivamente o dito acordo.
Ribadeo, 14 de marzo de 2019.- ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA.

APROBACIÓN INICIAL. MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 08/2019. SUPLEMENTO
RECONSTRUCIÓN DO TERREO DE XOGO DO ESTADIO MUNICIPAL PEPE BARRERA

DE

CRÉDITO

PARA

O Pleno do Concello de Ribadeo, en sesión que se levou a cabo o día 13/03/2019, acordou a aprobación inicial do expediente de modificación de créditos núm. 08/2019 do orzamento en vigor, na modalidade de suplemento de crédito financiado co remanente líquido de tesourería, para financiar a reconstrución do terreo de xogo do estado municipal Pepe Barrera, pola cantidade de 367.000,00 euros.
En cumprimento do disposto no artigo 169.1, por remisión do 177.2, do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto 2/2004, do 5 de marzo, sométese o expediente á exposición pública durante o prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que consideren oportunas.
Se unha vez transcorrido ese prazo non se presentan alegacións, considerarase aprobado definitivamente o dito acordo.
Ribadeo, a 14 de marzo de 2019.- ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA.
R. 0723

VILALBA
Aprobados provisionalmente pola Xunta de Goberno Local na súa sesión celebrada o día 1/03/2019 o Padrón de taxas polas reservas ou aproveitamentos especiais de espacio de uso público vaos correspondente ó ano 2019, exponse ó público nas oficinas do Concello durante o prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no BOP para os efectos de revisión ou de calquera reclamación, entendéndose aprobados definitivamente se non se producisen.
O período voluntario para o pago da dita taxa en fíxase entre os días 15 de marzo e 15 de abril do 2019, e unha vez finalizado este, os débitos non satisfeitos pasarán á vía executiva de apremio e procederase segundo o que se establece no Regulamento Xeral de Recadación.
Vilalba, 13 de marzo de 2019.- O alcalde. Agustín Baamonde Díaz.
R. 0729

ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA. SECRETARÍA DE GOBERNO
Anuncio Dado que o Concello de BALEIRA LUGO non elixiu xuíz de paz SUSTITUTO para a dita localidade, realízase unha convocatoria para que, no prazo de 15 días computados a partir da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, todos cantos teñan interese en acceder ó devandito cargo dirixan unha instancia á presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña facendo constar o seguinte:
1º Nome, apelidos, DNI fotocopia, idade e enderezo.
2º Se desenvolveron o cargo de xuíz de paz, e se o fixeron como titular ou como substituto.
3º Méritos que estimen oportunos.
4º Profesión actual.
Todo isto faise público, en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para coñecemento de todos os interesados en solicitar a praza antedita.
A Coruña, 1 de marzo de 2019.- A SECRETARIA DE GOBERNO. Concepción Otero Piñeiro.
R. 0705

Anuncio publicado en: Num BOP 62 año 2019 14/03/2019 13:19:24
15/03/2019 08:00:00

Anuncio

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha15/03/2019

Nro. de páginas16

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31