Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 57 sábado, 9 de marzo de 2019

BOP de Lugo
3. Estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estaren ao corrente das obrigas coa Seguridade Social e coa Deputación Provincial.
4. Os establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións e aplicables no presente caso.
5. Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
A. REQUISITOS E MÉRITOS DEPORTIVOS.
Para poder ser beneficiario da bolsa, o/a deportista deberá acreditar mediante a respectiva certificación federativa modelo Anexo VI a consecución polo menos e como mínimo de un 1 dos seguintes postos ou resultados deportivos individuais e referidos á súa respectiva disciplina ou modalidade deportiva e durante a anualidade 2018.
Campión/a individual provincial da provincia de Lugo Lograr do 1º ao 8º posto individual no campionato galego ambos os dous incluídos cuartofinalistas en competicións por eliminatorias Lograr do 1º ao 16º posto individual no campionato de España ambos os dous incluídos oitavofinalistas para competicións por eliminatorias Participación individual no campionato de Europa Participación individual no campionato do Mundo.
Atoparse entre os tres primeiros postos individuais do ranking galego, Atoparse entre os dez mellores postos individuais do ranking de España Atoparse entre os vinte primeiros postos individuais do ranking europeo Campión/a universitario individual galego.
Lograr do 1º ao 3º posto individual no campionato universitario estatal.
O logro e consecución dos postos e méritos deportivos indicados neste punto como requisitos deportivos para poder ser beneficiario de bolsa, deberán ser de carácter individual e estar expresamente indicado na respectiva certificación federativa de acordo cos anteriormente referidos méritos. De non reflectirse expresamente tal circunstancia na correspondente certificación, entenderase que non cumpre o requisito indicado.
Dado que as distintas modalidades deportivas teñen un calendario de competicións diferente, para os efectos da presente convocatoria, establécese como tempada o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2018 até o 31 de decembro do 2018.
Estas bolsas non serán compatíbeis con outras axudas públicas da Deputación de Lugo para a mesma finalidade.
As bolsas a conceder ao abeiro da presente convocatoria concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Tendo en conta as características e obxectivos das presentes bolsas, establecese unha idade máxima dos/das aspirantes, limitada a 35 anos a data de 31 de decembro de 2018.
Esta limitación de idade non será de aplicación para deportistas de capacidades diferentes.
Tal e como se reflicte no cadro de valoración da presente convocatoria, os méritos deportivos a certificar pola respectiva federación para a súa valoración deberán cinxirse exclusivamente aos resultados individuais do/da solicitante nos respectivos campionatos da correspondente disciplina e que a seguir se indican:
- Campionato do Mundo - Campionato de Europa - Campionato de España - Campionato galego Galicia - Campionato provincial provincia de Lugo - Campionato mundial universitario - Campionato de Europa universitario - Campionato de España universitario - Ranking mundial - Ranking europeo - Ranking España - Ranking galego Determínase expresamente, que en ningún caso se terán en conta xornadas de control, copas, opens, ligas locais, comarcais, provinciais, etc, competicións escolares, probas populares, benéficas e calquera outra análoga
Anuncio publicado en: Num BOP 57 año 2019 08/03/2019 08:27:32
09/03/2019 08:00:00

Atoparse entre os cincuenta mellores postos individuais do ranking mundial.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha09/03/2019

Nro. de páginas28

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31