Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 053 luns, 4 de marzo de 2019

BOP de Lugo
BASE DÉCIMOPRIMEIRAEntregas a conta A Deputación Provincial realizará entregas mensuais, sen custo para os concellos, a conta da recadación en período voluntario das débedas de notificación colectiva por padrón, que ha de recadar en cada exercicio, segundo competencias delegadas.
O importe das entregas a conta calcularase sobre o 90% da recadación, por padróns, do exercicio anterior, repartido en 12 mensualidades.
O importe da recadación do exercicio anterior sobre a que se realizará o cálculo do 90 % poderase axustar en aqueles importes de liquidacións que modifiquen de forma certa o padrón do exercicio no que se realiza o anticipo.
No suposto de ingresos extraordinarios, efectivos e dun importe cuantitativamente significativo, despois da solicitude do concello, poderá realizarse unha entrega a conta da liquidación anual e definitiva, á que se refire a Base Decimosegunda, polo importe dos ingresos, unha vez descontada a compensación económica que proceda según a Base Décima.
No suposto relativo a ingresos derivados da prestación de servizos por vía da cooperación interadministrativa, será o convenio aprobado ao efecto o que estableza a posibilidade de realizar entregas a conta.
BASE DECIMOSEGUNDALiquidacións provisionais e definitiva LIQUIDACIÓN PROVISIONAL
A Deputación Provincial, para os efectos informativos, practicará liquidacións provisionais coa seguinte periodicidade:
- Mensual: recadación en período voluntario de padróns.
-Trimestral: recadación en período voluntario de liquidacións individuais e recadación en período executivo.

No primeiro trimestre do exercicio seguinte practicarase liquidación anual e definitiva e producirase o ingreso do importe definitivo de recadación do que se deducirá:
-O importe das entregas a conta -Devolucións de ingresos indebidos.
-A compensación económica a que se refire a base décima pola prestación do servizo.
-Calquera outro importe que proceda, relacionado coas competencias delegadas.
En relación a esta liquidación anual, unha vez comunicada ao concello este poderá, no prazo dun mes, alegar o que estime pertinente, así como achegar calquera tipo de documentación. Transcorrido o prazo sinalado, sen que se presenten alegacións, a liquidación anual entenderase definitivamente aprobada.
Polo Presidente da Deputación, resolverase sobre as alegacións formuladas e sobre a aprobación definitiva da liquidación anual.
BASE DECIMOTERCEIRARéxime de vixencia 1-As presentes bases terán unha vixencia de dez anos dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e o Diario Oficial de Galicia. Sendo o primeiro ano o da súa publicación, e finalizando o 31 de decembro do décimo ano.
2- O prazo inicial de delegación renovarase, automaticamente, por períodos iguais, se ningunha das partes manifesta, expresamente, a súa vontade en contra, mediante acordo plenario adoptado, e comunicado cun mínimo dun ano de antelación á data de vencemento.
3- Durante a vixencia da delegación, e sen que afecte ao período sinalado nesta, calquera concello poderá ampliar o seu contido dentro do marco establecido nestas bases, mediante acordo plenario comunicado á Deputación Provincial e producirá efecto dende a data da súa publicación no BOP e o DOG.
4- Naqueles supostos, debidamente acreditados, en que existan contratos vixentes, ou compromisos ineludibles, adquiridos con anterioridade, entre algún concello e terceiros, procederase igualmente segundo as presentes bases, quedando en suspenso a efectividade da delegación en relación a aquelas competencias que estivesen afectadas polos citados contratos ou acordos, durante a súa vixencia.
5- Estas bases manterán a súa vixencia naqueles supostos de cambios normativos que non varíen o réxime de delegación, ou establezan tributos ou outros ingresos públicos que substitúan os actuais.
6- Calquera concello que se incorpore, con posterioridade, ao réxime de delegación destas bases farao por un período de vixencia que finalizará na mesma data que o resto de delegacións.
7- De non ser aceptadas estas bases por algún concello, manterase a delegación vixente, en réxime de transitoriedade, ata a súa finalización.

Anuncio publicado en: Num BOP 53 año 2019 01/03/2019 10:08:25
04/03/2019 08:00:00

LIQUIDACIÓN DEFINITIVA

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha04/03/2019

Nro. de páginas25

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31